ADRIÁN “MAKAAY”, CONSIDERA QUE NA SEMIFINAL ANTE O MUXÍA : “AS CATEGORÍAS NESTE TIPO DE ENCONTROS NON VALEN PARA NADA…VALE O PARTIDO”.

Adrián “Makaay” nun Fisterra-Barco.

 

Adrián López López “Makaay”, (Fisterra-13/02/1988), un dos mitos activos do fútbol da costa, é a personificación da calidade, a raza, a pasión, e o gol. Un rapáz que deambulou por toda Galicia amosando a sua calidade dende neno, e acumulando, títulos, copas, ligas, encontros inexquecibles, e goles de auténtico “crack”, o que lle deu pé ao seu sobrenome de “Makaay”, coma o “bota de ouro” do RC Deportivo.

Se falamos de títulos, só podemos dasr os nomes, pois falar de cada un deles, e do que aportou, teríamos que chamar a Editorial Galaxia,  Plaza & Janes, ou Planeta, para que nos comprasen a enciclopedia escrita, pero enumeralos si podemos : 3 Copas da Costa, 1 Liga da Costa, 2 ligas de Primeira Rexional, varios ascensos a Preferente, e un a 3ª División. Pichichi en 2ª e 1ª Rexional, tres veces, e como nón, sendo un neno, un ascenso a División de Honor Xuvenil co Calasanz, que naquel foi histórico, para o clube coruñés. Ademáis de varios premios de prensa deportiva. E de seguro que se nos queda algo no tinteiro.

Sempre foi fel o seu Fisterra, ao que volveu e turrou do barco cada vez que fixo falta, e segue a facelo, coma o “Gran Capitán”. Comezou de neno dende Fisterra, para irse o Conxo, Compostela, Calasanz Xuvenil, un ano no Villarreal. E xa no fútbol modesto : Betanzos, Montañeros, Laracha, Dumbría, Arousa, Soneira, de novo no Dumbría, e Fisterra. 

“Makaay”, de volta de todo nesto do fútbol, no que sabe o que é gañar e perder, e no que sabe levar as duas cousas, non ten claro que fará para a vindeira tempada. Son moitos anos dun lado para outro, e ainda anda antre a terra e o vento, a hora de afirmar que fará, pero ten claro que este vindeiro Domingo, augúrase un deses encontros que fan afección, dos que viveu moitos, pero que cando chegan os segue a vivir coa ilusión dun neno, pero ca templanza dun veterano : “O encontro do domingo, véxoo igualado. As categorías nestas competicións non valen para nada. Importa o partido. Para eles é o partido do ano, e xogan na sua casa, ca sua xente. Pouco importa si xogas en Preferente ou en 2ª Rexional. Así que esperamos un partido duro, disputado e que será igualado”.

Fora do que é o encontro antre dous históricos da Liga da Costa, ve un futuro alagüeño, para un Fisterra, que a día de hoxe, é o mellor equipo da Costa, por traxectoria e por logros : “O futuro do Fisterra está en boas mans. Hai relevo con rapaces que veñen por atrás. Hai que darlle oportunidades a esa xente para que non a vaian a buscar a outros sitios, e que os rapaces se animen a xogar neste equipo. Canteira aquí sempre houbo”, dinos Adrián “Makaay”.

 

-Foto : Rubén García

-Texto : piratasdemuxia