ADRIÁN LAPEÑA DESPÍDESE DO RC DEPORTIVO E O DEPORTIVISMO VÍA REDES SOCIAIS.

Lapeña xogou 63 encontros ca branquiazul e marcou 4 goles.

 

Continúa o hermetismo no RC Deportivo e dende que anunciaron a chegada do novo Director Deportivo, Fernando Soriano e o seu segundo, Juanjo Expósito, o clube está mudo, ante a ansiedade dos socios, accionistas e afeccionados, hábidos de novas sobre cal vai a ser a folla de ruta. Dende esas novas, que foron fai cáseque duas semanas, as únicas novas frescas foron a despedida de Alberto Quiles, e agora a de Adrián Lapeña, o que quer dicir que deben andar movéndose, pois Lapeña era un dos que non lle importaría seguir.

Hoxe despedíase do RC Deportivo e do deportivismo vía redes sociais e desta maneira : 

“Nunca é fácil despedirse, pero moito menos dun sitio tan especial. Grazas a todos os que fixestes posible que me senta como na casa. Compañeiros, adestradores, staff, médicos, fisios, utillero, directiva, e demais empregados do club. Pero sobre todo a vós, deportivistas, os que nunca deixaredes que o club se caia, os verdadeiros donos deste club. Vós sodes o motor deste escudo e o principal motivo polo que deixarse a vida cada domingo. Sinto non podervos ofrecer ese ascenso que tanto ansiabamos, pero estou seguro que non pararedes ata conseguilo. Despídome coa tranquilidade de deixarme a alma por este escudo e este histórico club cada día, para devolvelo onde se merece. Grazas e Forza Dépor sempre”.

Lapeña chegou no 2021 ao Depor procedente do Castellón, xogou 63 encontros nestas duas tempadas conós, e fixo 4 goles, todos eles na primeira tempada baixo a dirección de Borja Jiménez. Este ano foi moi intermitente, en grande medida trala irrupción do franco-español, Pablo Martínez, co que fixo parella alternando con Jaime Sánchez. 

O noso desexo de que todo lle vaia ben, agás se se enfronta aos nosos no equipo no que recale. Foi un xogador competente e entregado en canto estivo no noso equipo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”