Adrián “Gurita” continuará á fronte da UD Cerqueda na vindeira tempada.

A UD Cerqueda confirmou a continuidade de Adrián Bardanca “Gurita” como adestrador dos equipos senior e xuvenil para a tempada 2026/27, dando así continuidade ao proxecto deportivo iniciado o pasado curso.

O técnico seguirá contando no corpo técnico con Miguel Ángel Rodríguez, que exercerá como segundo adestrador en ambas as categorías.

A renovación chega despois dunha excelente campaña do conxunto cerquedense na Liga da Costa, na que foi un dos equipos máis destacados da competición, mantendo unha intensa loita polos postos de cabeza e logrando clasificarse para a promoción de ascenso, na que tamén ofreceu unha gran imaxe.

Desde o club amósanse convencidos de que a continuidade de “Gurita” e do seu equipo de traballo permitirá seguir medrando tanto ao conxunto senior como á canteira, expresando a súa confianza en que “nos darán grandes alegrías na vindeira tempada”.

A UD Cerqueda aposta así pola estabilidade nun proxecto que buscará volver ser protagonista na Liga da Costa e na lia xuvenil e seguir consolidando o bo traballo realizado durante os últimos anos.

AVISO IMPORTANTE

“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.

Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.

-Foto : UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”