O Depor entra no treito decisivo da tempada con todo por decidir e co soño do ascenso directo máis vivo ca nunca. Así o deixou claro Adrián Altimira “Alti”, que recoñeceu que é inevitable pensar nesa posibilidade, aínda que insiste en manter a calma e centrarse no día a día.
O conxunto branquiazul, terceiro na clasificación e a só dous puntos do segundo posto e a 4 do lider, afronta cinco xornadas clave nas que cada partido será unha final. O primeiro reto será ante o Leganés, un rival ao que Alti coñece ben e ao que respecta, pese á súa mala dinámica, pola calidade do seu cadro e que o ano pasado estivo alí.
Sobre o recente empate en Burgos, o lateral destacou a sensación agridoce tras deixar escapar a vitoria, aínda que puxo en valor o punto conseguido, sempre e cando se faga bo cun triunfo inmediato. En canto á polémica arbitral desa xornada, evitou entrar en fonduras, limitándose a pedir “igualdade de criterio para todos”.
Alti tamén subliñou a importancia do apoio da afección, especialmente nun Riazor que se agarda cheo no Día das Peñas, algo que considera un factor diferencial para o equipo neste tramo final.
En resumo, ilusión máxima no deportivismo, pero coa cabeza fría, preguntado sobre o ascenso direto : “É imposible non imaxinalo, pero hai que manter a calma”, segundo o xogador hai que ir “partido a partido e sen perder o foco, porque o ascenso xógase nos pequenos detalles destas últimas cinco finais”.
.
-Vídeo : RC Deportivo
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”