ADRI CASTRO RENOVA POR DUAS TEMPADAS MÁIS.

 

Adrián Castro Mesa, (Cambre, 12 de outubro de 1998) e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para a ampliación da súa vinculación contractual por dúas temporada máis, polo que o dianteiro será xogador branquiazul até o 30 de xuño de 2023.

O dianteiro coruñés, formado en #anosacanteira desde alevíns e con pasado tamén no Laracha CF e o Ourense CF, está a alternar esta temporada partidos co primeiro equipo e o Fabril, ademais do traballo diario con ambos os equipos.

O xove canteirán amosábase no seu Twitter ledo coa ampliación como deportivista : “Moi contento pola miña renovación co club do meu corazón, gracias pola confianza, defenderei este escudo ata a morte!…Seguimos medrando xuntos!!”.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo