ADIANTASE O PONTEVEDRA CF-DEPOR DO DOMINGO 6 DE NADAL O SÁBADO 5, E XA HAI DATA E HORA PARA O ENCONTRO DE COPA.

En pretempada xa se enfrontaron ambos conxuntos con remontada deportivista.

 

Tal e como informaron dende o Pontevedra CF, o encontro da 7ª xornada do Grupo I, Subgrupo A, de Segunda División B no que recibirá ao Dépor o equipo pontevedrés, que agora lidera a liga con 11 puntos so mesmos cos branquiazuis pero con mellor golaveraxe, disputarase no Estadio Municipal de Pasarón o sábado 5 de Nadal o de 2020 a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT), coas cámaras da TVG 2 en direto, coma tódolos encontros nos que os enfrontamentos dos deportivistas e dos pontevedristas xohguen con rivais galegos. 

Para os que sodes de fora poderedes seguir este encontro e o do vindeiro Domingo 29 de Novembro, no que recibimos aos Racing de Ferrol, ás 19:00 horas, (18:00 GMT), nas plataformas dixitais pola TVG Internacional, ou por internet pola web da CRTVG.

 

O encontro de Copa do Rei o 17 de Nadal

O encontro da Copa do Rei no que o Depor recibe ao El Ejido 2012 disputarase en Riazor o 17 de Nadal a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT).

 

O Deportivo Feminino xogará un amigable ante o parón da liga

O Deportivo ABANCA que regresa mañá mércores aos adestramentos nunha semana sen fútbol ligueiro na Primera Iberdrola debido ao dobre compromiso da selección española, no que estara a deportivista Athenea del Castillo. Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo tres adestramentos vespertinos na Cidade Deportiva e a semana concluirá cun amigable ante o Viajes InterRías FF, líder do subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional. Será o sábado 28 de novembro ás 12:30 en Abegondo, a porta pechada pola pandemia de COVID-19. Este enconreo valeralle as pupilas de Manu para desconectar da competición oficial e tomar novas sensacións.

.

-Foto e Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies