ADIADA A 1ª XORNADA DA LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO POR MOR DE HUMIDADES NO PAVILLÓN “ISIDRO PARGA PONDAL” DE CARBALLO.

Humidades na pista impediron o inicio da liga.

 

Este pasado luns ía a comezar a Liga Concello de Carballo de Fútbol Sala, unha competición que seguimos fai moitos anos e que non se levaba a cabo nos pasados dous anos por mor da pandemia do COVID 19. Unha liga orgalñizada pola Agrupación Deportiva Carballo. Todo estaba preparado pero por mor de humidades nao Pavillón “Isidro Parga Pondal”, do IES carballés, no que se leva a cabo, decidiuse adiala ata que as condicións sexan mellores.

Así será a competición carbnallesa

Haberá o trofeo da Copa Hotel Pensua Punta del Este entre 7 equipos : Xanelas XP, Asesoría Afico, Brasería Carballo, Bar Rosalía, Cervecería Bombonera, Dolce&Café e Autocares Pombo.

-O torneo da Liga do Concello de Carballo, consistirá nunha liga todos contra todos a dúas voltas.

-Haberá trofeos para Pichichi, “Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro”.

-Zamora, “Tenda Deportiva Dequip”.

-FairPlay e Paco de Riego, ó xogador máis valioso do torneo.

-O torneo da Copa Hotel Pensua Punta del Este consistirá nunha liga todos contra todos dunha sóa volta, na que se clasificarán os 4 primeiros para disputar as semifinais e a final da liga a K.O. directo.

-Na Copa Hotel Pensua Punta del Este tamén haberá trofeos Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro, Zamora Tenda Deportiva Dequip, FairPlay e Paco de Riego ó xogador máis valioso de dito torneo.

A vindeira semana se as condicións o permiten terá lugar a segunda xornada. 

-Texto : piratasdemuxia/Agrupación Deportiva Carballo

-Foto : Arquivo Agrupación Dep. Carballo