ADEUS 2022, OLA 2023 : “ADEUS GORKA, OLA LUCAS”.

Lucas comeza mañán o traballo co equipo.

 

Este final do ano 2022 e comezo do 2023 foi do máis sorpresivo no RC Deportivo. As 14:00 horas anunciaba o clube a despedida de Gorka Santamaría, agradecéndolle os servizos prestados,(o que nos unimos), un rapáz que fora a primeira fichaxe desta tempada, e que despedía o ano, sendo o primeiro en marchar, tras rescisión de contrato, pera deixar unha das 3 fichas que pretende renovar o clube neste mercado de inverno, que comezou no día de onte e que se alongará ata o día 31 de Xaneiro.

A sorpresa chegou ás 19:06, hora habitual do clube para anunciar fichaxes, facendo un chisco o ano de fundación do clube. Aí saltou a grata sorpresa, a volta do “Neno”, Lucas Pérez, unha fichaxe que apara a maioría do deportivismo se vía máis lonxe cando o día anterior, saía no minuto 55 e facía o gol que lle daría un punto o Cadiz CF ante o UD Almería, (1-1), e nun bo encontro do de Monelos, que ademáis daba unha asistencia a un compañeiro para o 2-1, pero este estragaría.

A presión que fixo Lucas sobre o presidente cadista, Vizcaino, foi clave, e ao parecer, que o propio xogador puxo cartos do seu peto, para poder retornar, para cumprir, “un soño”, como él mesmo dixo nas suas redes sociais.

En contra da reañlidade, que non queren ver os excépticos, que nunca valoran o que fixo Lucas, o que acaba de facer, e as gañas que trae de revertir a situación do clube, despois de haber estado nunha permanenza do mesmo, e nun descenso, e de haber deixado moitos milóns co seu pase ao Arsenal, e tendo en conta de que puxo moito da sua parte cando chegou dende Grecia na primeira ocasión.

O de Monelos, deixa a elite do fútbol español, para baixar, nono barro, pois esa expresión hoxe en día xa non vale, senón que ben e cas cousas craras, “a unha merda de liga”, que mellorou na calidade dos equipos, pero que dista moito do fútbol profesional, en todo. Só pode millorar as de arriba nunha cousa, que tódolos equipos son iguaias, e parten cas mesmas garantías de éxito, por un posto de ascenso e 4 de promoción, para outro posto de ascenso.

Lucas volveu e quer ascender co Depor, cumprir o seu soño, sacrse unha espiña, e despedirse na sua casa. Faino vindo co listón alto, sen ser unha “vaca sagrada”, que ben a arrastrase cpolo campo. Agora parece ser que chegarán un par de reforzos máis. Todo apunta a un lateral esquerdo, dado que Raúl Carneor, está baixo, e non amosa melloría no seu xogo, e Reuerta, a pesares de chegar do Castilla, non trasmite confianza a ninguén, pois tras unha pretempada mala, Borja relegouno o banco, e ca chegada de óscar Cano empeorou, pois nos encontros de forra sempre foi o descarte na lista de convocados. Logo todo apunta a que podería chegar un interior esquerdo. Haberá que estar atentos ás 19:06 de cada día.

O Depor volta mñán a traballar, para preparar o encontro do vindeiro 8 de Xaneiro a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), que recibirá ao Unionistas de Salamanca CF no Estadio de Riazor. Encontro no que de seguro que Lucas terá minutos, no reencontro coa sua casa e a sua afección.

Lucas, (A Coruña-10/09/1988),  que comezou a sua vida deportiva no Victoria CF da Coruña, pasou polo Rayo Vallecano, Karpaty e Dínamo de Kiev, ambos ukrainos, Pao de Salónica, grego, Arsenal e West Ham United, ingleses, Deportivo Alavés, Elche e Cádiz. No Depor estivo nas campañas, 1014-15, e as duas seguintes, e na 2017-18. Xogou un total de 96 encontros e marcou 33 goles. Este ano co Cadiz levaba 4 goles, dos 10 que atesoura o equipo, a pesares de non ser titular na maioría dos encontros.

 

 

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies