ACTUALIDADE DOS EFECTOS SECUNDARIOS DO CORONAVIRUS : SUSPENDIDAS AS COMPETICIÓNS NA 1ª E 2ª DIVISIÓN E OUTRAS NOVAS.

O COVID-19 toda unha incógnita que ten o mundo patas arriba.

 

Tal e como pedíamos os afeccionados do RC Deportivo e doutros clubes, así como o propio clube deportivista, a Federación Española de Fútbol, (RFEF), nunha xuntanza esta semana na que tamén estaba a Asociacicón de Futbolistas, (AFE), a Liga de Fútbol Profesional, (LFP) e o Consello Superior de Deportes, (CSD), decideuse que a 1ª e 2ª División queden suspendidas en principio por duas semanas pro precaución pola expansión do COVID-19 máis coñecido por “Coronavirus”.

 

Comunicado oficial da Liga sobre a suspensión

“Ante as circunstancias coñecidas esta mañá, referidas á corentena establecida no Real Madrid e os posibles positivos en xogadores doutros clubs, LaLiga considera que se dan xa as circustancias para que se siga coa seguinte fase do protocolo de actuación contra o COVID- 19. En consecuencia, de acordo coas medidas establecidas no Real Decreto 664/1997 do 12 de maio, acorda a suspensión, polo menos, das dúas próximas xornadas. Dita decisión será reevaluada tras a finalización das corentenas decretadas nos clubs afectados e doutras posibles situacións que puidesen darse.  LaLiga, como organizadora da competición, procedeu a comunicalo á RFEF, ao CSD e aos Clubs”.

.
O RC Deportivo mantén a Asemblea Extraordinaria de Accionistas
O RC Deportivo mantén a convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Accionistas dos día 16 e 17 de Marzal, dado a vital importancia da mesma para a supervivencia e o fuuro da entdade e en vista a que xa son moitos os accionistas que delegaron as suas accións.
.
.
Actividade do RC Deportivo para estes días

Con motivo da situación creada polo COVID-19 e as restricións sanitarias marcadas polas autoridades, o Real Club Deportivo, en aras de preservar a saúde dos seus deportistas, traballadores e afeccionados, a partir deste momento e até nova comunicación, tomou as seguintes medidas de prevención sanitarias:

– Toda a actividade diaria na Cidade Deportiva de Abegondo queda suspendida, excepto os adestramentos do equipo profesional masculino, que se realizarán a porta pechada.

– As únicas comparecencias públicas serán, en rolda de prensa virtual, xestionadas e servidas polo Departamento de Comunicación do Club, que tamén fornecerá material gráfico da actividade do día aos medios que o soliciten.

– Suspéndense todos os actos públicos de membros do Club con patrocinadores e afeccionados.

– Suspéndense todas as actividades formativas do Club ou en colaboración con outras institucións: Dépor Escola, Dépor Campus Semana Santa e Os Nosos Valores.

– Todo o persoal do Real Club Deportivo cuxa actividade laboral permita o teletraballo, realizará as súas tarefas desde os seus domicilios.

– Mantense a vontade de celebrar a Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas, solicitando a todos os accionistas, para que sexa posible a súa celebración e atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias de evitar as aglomeracións de persoas en espazos públicos pechados, que deleguen e agrupen a representación de accións para que o número de asistentes físicos á Xunta non obrigue á suspensión da mesma por superar os estritos límites legais establecidos (máis detalles).

Horarios e lugares de atención aos Deportivistas até a celebración da Xunta:

Xoves 12 e venres 13 na OAD de 10:00 a 13.30 a 16:30 a 19:00 horas.
Luns 16 na OAD de 10:00 a 13:30 e en Palexco de 16:30 a 19:00 horas.
Martes 17 en Palexco de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. (O martes 17 a OAD permanecerá pechada).

– DéporTiendas e Oficina de Atención ao Deportivista manterán a súa actividade de acordo co seu horario habitual.

.
A Federación Galega suspendeu tódalas competicións
A RFGF tal como vos informábamos onte, suspendeu tódalas competicións que leva tanto de fútbol coma de fútbol sala e fútbol gaélico durante duas semanas : PREME AQUÍ.
.
.
A Liga de Futsal de Corme suspendida
O responsable da Liga de Fútbol Sala de Corme, Pedro Álvarez anúncianos que : “por motivo do coronavirus queda suspendida a liga de fútbol sala de Corme, ata nova órde,  xa informaremos o longo da vindeira semana cando se tome a decisión de reiniciala”.
.
.
O Bergantiños CF paraliza o clube
Segundo nos informan dende o Bergantiños CF : “Suspendemos toda actividade deportiva, como medida extraordinaria pola crise do Coronavirus COVID-19, desde o xoves, día 12, ata que as autoridades competentes garantan a saúde e seguridade dos nosos deportistas e todas as persoas vencelladas co club”.
.
.
Peche de edificios púbricos en Carballo

Segundo nos informan dende Carballo Deporte : “Como consecuencia da crise sanitaria creada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas que contribúan a frear a propagación do coronavirus entre a poboación, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes decisións, que se manterán mentres a situación así o aconselle e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes:

EDUCACIÓN

O Concello de Carballo suspende a partir do venres 13 de marzo todas as actividades educativas: Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, Horto Infantil Ecolóxico Municipal.

FORMACIÓN

Os cursos de formación que se imparten no Fórum Carballo quedan suxeitos ás indicacións da Xunta de Galicia, agás a Escola Municipal de Hostalaría, que estará pechada a partir do venres 13.

DEPORTES

As actividades dirixidas organizadas polo Concello de Car ballo quedan suspendidas dende hoxe, xoves 12 de marzo. A partir do venres 13 todas as instalacións deportivas municipais permancecerán pechadas ao público.

SERVIZOS SOCIAIS E TERCEIRA IDADE

As actividades previstas para este mes dentro do programa do Día da Muller quedan suspendidas. Tampouco se celebrarán os bailes, nin ninguhna das actividades dirixidas a maiores. No caso do programa Concilia establécense os mesmos criterios fixados pola Xunta de Galicia para os centros educativos. Deste xeito, o venres 13 recoméndase ás familias que non o utilicen e a partir do luns 16 queda suspendido.

CULTURA

Todas as actividades culturais quedan suspendidas. O Pazo da Cultura, as bibliotecas, a ludoteca, o Museo de Bergantiños e os centros sociais das parroquias permanecerán pechados ao público a partir do venres 13.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Todos os eventos turísticos organizados pola Concellaría de Promoción Económica quedan tamén en suspenso: Festival Carballo Interplay, Carballo por Etapas, etc, así como a participación en feiras de turismo.

MEDIO AMBIENTE

Os programas de educación e sensibilización medioambiental quedan suspendidos, do mesmo xeito que a posta en marcha do programa “Ti tes a chave”.

O Concello de Carballo solicita e agradece á veciñanza a máxima colaboración adoptando as medidas preventivas precisas.

.

-Foto : Google IMAGES

-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.