ACTUALIDADE DE MOVEMENTOS NOS EQUIPOS COSTEIROS : VOLANTES DE BAÑO, FISTERRA, MONTE LOURO, BAIÑAS, CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA…

O Muxía continua ca campaña de socios.

 

Chicho, novo adestrador do Volantes de Baño

O Volantes de Baño FC, (Liga da Costa), anúncianos a chegada ao banco de Daniel Suárez “Chicho”, que sustitue no cargo a Iván González. Chicho pasou por varios equipos de base da Costa e tamén polo senior de Mazaricos, fai duas tempadas.

 

Unha fichaxe e completado o tandem técnico no CD Baiñas

O CD Baiñas anuncia a fichaxe de Anibal Calo, procedente do Xallas FC. Ademáis os baiñeses renováronlle ao segundo adestrador, Damián Rial, que acompañará no banco un ano máis a Ángel “Roski”. Os de Baiñas xa levan renovados a : Raúl Antelo “Ruli”, Cris Hermida, Dylan, Esteban Canosa, Javi Otero e Raúl González “Rauliño”, Rodrigo Quintela, Crístian Canosa, Brais Tajes, Sergio Álvarez “Puto”, Adrián Canosa, e Maikol, e as fichaxes do meta Joel Lema, e Fabio Allo “Chavico”. No que se refire a baixas, teñen a de “Chicote”, que volveu o Camariñas.

 

Tres fichaxes no novo SD Fisterra 

O SD Fisterra, (Preferente Norte), traballa na 2022/23, trala marcha de varios dos xogadores e io corpo técnico. Como xa vos vimos contando, o novo adestrador é Ángel López,Renovaron : Adrián “Makaay”, Aarón Lobelos, e ficharon a : Pape Mamadou, o meta muxián, Ángel Luis, e agora acaban de asinar a Iker, que volve a casa, Toni de Muros, que chega do CF Noia e a Jano, que chega dende o Volantes de Baño CF.

 

Duas fichaxes no UD Monte Louro

Tralas renovacións de Abel Suárez, Dani Lestón, Ricardo Martínez, e Manuel Chouza, o UD Monte Louro, 8Liga da Costa), anuncia as fichaxes de Alberte, meta chegado do Volantes de Baño, e Benji, que tras non poder xogar cos de Louro polo parón da pandemia, volve a tentalo, e xogar por fin no equipo lourés.

 

O Camariñas de Cabrejo segue tomando forma

 Ca campaña de socios aberta, o Camariñas FC, (Liga da Costa), e trala volta de Brais “Chicote”, e as renovacións de Djibril, Carlos, Mouriño, Pablo Novo, Nazo, Saviola, Barreiro, Roi e Pablo Suárez. No tema de fichaxes, ademáis do corpo técnico con Cabrejo a cabeza e pepucho de segundo, e completado con Faus, chegaron o meta, Jorge, e aos xogadores, David.

 

O SD Laxe orgañiza un Torneo de Fútbol Praia

O SD Laxe, (3ª da Costa), que preside Felipe Oróns, e que xa contratou o novo adestrador, o cabanés, Lilo Rama, anúncianos un Torneo de Fútbol Praia, para o cal piden a axuda de patrocinadores : “Desde a S.D Laxe estamos a organizar un campionato de futbol praia. Con datas ainda por confirmar, andamos na procura da axuda dos nosos patrocinadores, colaborando coa publicidade do evento. Dispoñemos de dúas alternativas para participar no campionato: 30 € publicidade estándar e 50 € publicidade premium (dun tamaño maior). Queríamos animar a todos os patrocinadores a colaborar. Necesitamos da vosa axuda e precisamos da confirmación da vosa participación na publicidade do evento. Hala Laxe!”.

 

Novidosa campaña de socios do Muxía CF

O Muxía CF iniciou unha innovadora campaña de socios da para tempada 2022/23 da Liga da Costa, na que ofrece aos socios e afeccionados dúas modalidades para unirse a familia dos “corviños”, unha campaña denominada polo clube da Vila da Barca, baixo o slogan de : “O Muxía eres ti”.

A primeira das modalidades que ofrecen é a de Socio Xeral que terá un precio de 25 euros e terás a ventaxe de entrar aos partidos na Arliña de balde.

A segunda das modalidades será a de Socio VIP que terá un precio de 50 euros e que alberga varias vantaxes;

1-Entrada de balde a todos os partidos na Arliña.

2- Primeira consumición de balde na tasca do campo muxián.

3- Desconto nas prendas do clube muxián, que en breve poñerán a venda.

 

O Muxía CF anima aos nenos a apuntarse os seus equipos de base

Campaña do Muxía CF para animar aos nenos do concello e da zona a apuntarse aos equipos de base, nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Os nenos nados antre os anos 2013-14, (inclusives), poden apuntarse aos benxamíns. Antre o 2011-12, a alevíns, 2009-2010, infantís, 2007-2008, cadetes e 2004-2006, xuvenís.

O contacto para calquer dúbida despexaranllo no 606 816 086, ou por medio das redes sociais do clube.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia