ACTO DE “FAIR-PLAY” NO SD PONTECESO-UC CEE DA “COPA DA COSTA CADETE”

Alfredo, (UC Cee) atándolle o cordón a Lucas, (SD Ponteceso).

-“Fair-Play” no SD Ponteceso-UC Cee da “Copa da Costa Cadete”-


A eliminatoria antre o SD Ponteceso e o UC Cee dos Cuartos de Final da “Copa da costa Cadete”, destacaríamola pola eliminación do equipo ceense, favorito na eliminatoria e un dos favoritos ao título, se temos en conta a sua posición na liga como 3º con 52 puntos, pola do SD Ponteceso, 8º con 34, e polos enfrontamentos diretos esta tempada, con vitoria para os da “Vila da Xunqueira” nos dous enfrontamentos de liga, (0-3 e 5-1). A Copa é outra historia e nela os da “Vila de Pondal” foron mellores vencendo en Cee por 0-3 e caendo por 1-2 no “Pinguel”, pero esta eliminatoria quedará marcada para os rapaces, cun ápice de educación deportiva, cando nun acto de “Fair-Play”, o dianteiro do equipo ceense, tras errar un man a man co meta local Lucas, atáballe os cordóns da bota o meta, dado que él coas lubas non podía. Un acto que digna a él e ao seu equipo, e que os pontecesáns co seu meta como voz cantante, queren agradecer e valorar, un acto que nós tamén alabamos e aplaudimos, pois hai cousas máis importantes cas vitorias ou os puntos, e unha delas é a deportividade.