ACTIVIDADES DO “MUXÍA CULTURA OUTONAL” CON GRAN NÚMERO DELAS DURANTE TODO OUTUBRO E NOVEMBRO.

 

O outono chega a Muxía cargada de cultura e
actividades para todos os públicos.

• O prato forte será o día 24 de outubro coa chegada dos Bolechas á vila da
Barca. Tamén haberá varias obras teatrais con elenco de primeira
categoría.
• Haberá actividades durante todas as semanas de outono, desde o 1 de
outubro e ata o 27 de novembro.
• Iago Toba destacou que “aínda en momentos difíciles como os que
estamos a vivir, este goberno local aposta pola cultura segura,
ofrecéndolle a toda a veciñanza actividades de ocio para gozar con toda a
familia”

 Explosión cultural en Muxía tras a presentación da
programación ‘Muxía Cultura Outonal’. Ás 12:00 horas do pasado venres tivo lugar,
no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, a presentación oficial da programación
cultural de outono de Muxía para esta tempada.

Ao acto acudiron o alcalde, Iago Toba, e a Concelleira de Cultura e Xuventude,
Olalla Benlloch que presentaron unha programación cargada de cultura e
actividades para todos os públicos.

O prato forte da cartelera chegará o día 24 de outubro, cando Os Bolechas visiten a
vila da Barca para a delicia dos máis pequenos da casa. Tamén destacan as
diversas obras teatrais que contarán con actores e actrices de primeiro nivel.
Este calendario cultural asegurará actividades durante todas as semanas de outono,
desde hoxe, 1 de outubro, e ata o vindeiro 27 de novembro.

“Estamos moi orgullosos e orgullosas de poder presentar esta programación cultural
de outono que ofrece a toda a veciñanza unha oportunidade para saír de casa,
gozar da nosa vila e pasar un rato agradable en familia”, enfatizou a Olalla Benlloch.
Tras o acto de presentación, Iago Toba, tamén destacou que “aínda en momentos
difíciles como os que estamos a vivir, este goberno local aposta pola cultura segura,
ofrecéndolle a toda a veciñanza actividades de ocio de primeiro nivel”.

-PROGRAMACIÓN COMPLETA-

1, 2 E 3 DE OUTUBRO
RUTA DOS NAUFRAXIOS . PERCORRIDO: PUNTA DA BARCA, FARO VILÁN,
CEMITERIO DOS INGLESES, AROU, CAMELLE
Para participar hai que inscribirse en : www. Naufraxios.com / tf: 659 269 615

SÁBADO 2 DE OUTUBRO
ACTOS CLAUSURA MOSTRA DE GERVASIO SAR. Sala da Camposa ás 19:00 h

SÁBADO 9 DE OUTUBRO
CONEXIÓN PINGÜÍN DATA: 9 OUTUBRO, 20:00 H Salón de Actos
Reserva de entradas os días previos. (1 €)

MARTES 12 DE OUTUBRO
EVENTO GASTRONÓMICO XACOBEO. SHOWCOOKING. Ás 12:00 h. Secadoiro dos
Cascóns

SÁBADO 16 OUTUBRO
“A PARÁBOLA DO ANGAZO” DE PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA. Ás 20:00H Salón
de Actos. Reserva de entradas os días previos. (1 €)

SÁBADO 23 DE OUTUBRO
“MANOLA” DE A LABERCA. Ás 18:00H Salón de Actos. Público infantil e familiar.
Entrada de balde mediante previa inscrición.

DOMINGO 24 DE OUTUBRO
OS BOLECHAS. Ás 18:00H Salón de Actos. Público infantil e familiar.
Entrada de balde mediante previa inscrición.

SÁBADO 30 DE OUTUBRO
”A CABAZA ENCANTADA” DE TEATRO CALAVERA Ás 18:00H Salón de Actos.
Público infantil e familiar.
Entrada de balde mediante previa inscrición.

SÁBADO 6 DE NOVEMBRO
“SÓS” DE MALASOMBRA PRODUCIÓNS. Ás 20:00H Salón de Actos
Reserva de entradas os días previos. (1 €)

SÁBADO 13 DE NOVEMBRO
“FINISTERRAE: O ÚLTIMO ULTRAMARINOS” DE PRODUCIÓNS TEATRAIS ALAKRÁN.
Ás 20:00H Salón de Actos
Reserva de entradas os días previos. (1 €)

SÁBADO 20 DE NOVEMBRO
“TITANIC” DE CAYETANO LLEDÓ
Ás 18:00H Salón de Actos. Público infantil e familiar.
Entrada de balde mediante previa inscrición.

SÁBADO 27 DE NOVEMBRO
“#2 PILGRIMS” DE REDRUM PRODUCCIONES. Ás 20:00H Salón de Actos
Reserva de entradas os días previos. (1 €).

-Foto e Texto : Departamento de prensa Concello de Muxía


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies