ACORDO ANTRE RC DEPORTIVO, E BEBETO E MAURO SILVA QUE FINALMENTE ESTARÁN NO “TERESA HERRERA”.

Mítica foto de Bebeto e Mauro na Praia de Riazor.

 

No día de onte tíñamos un cruce de comunicados, primeiro de Bebeto e Mauro Silva que rechazaban vir a homenaxe que se lles vai a facer no Teresa Herrera por mor da axenda que lles preparara o RC Deportivo. Logo e seguyndo decían dende o clube, “non conseguimos falar con eles”. Explicaba o RC Depoertivo a sua versión do sucedido, e alegando a que se trataba de un “malentendido”.

Poucas horas pasaron e na noitiña xa tras conseguir falar as 3 partes as augas voltaban ao seu cauce e os astros brasileiros estarán o vindeiro 5 de Agosto na Coruña para recibir unha homenaxe como os únicos deporitvistas que foron campións do mundo estando nas filas do equipo, así como pola sua traxectoria e importancia na gran historia do máis grande clube galego e un dos máis laureados de España.

Comunicado do RC Deportivo

Desde o RC Deportivo queremos comunicar a resolución do malentendido relacionado coa homenaxe e celebración do Teresa Herrera e confirmar a presenza de Bebeto e Mauro Silva na Coruña a próxima fin de semana.

Lamentamos moito a confusión ocasionada á afección nun primeiro momento e celebramos o importante: o diálogo e entendemento para que o Teresa Herrera sexa unha bonita homenaxe a dous ídolos do deportivismo e unha merecida festa para a nosa cidade. Grazas.

-Foto : Instagram de Mauro Silva

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies