ACORDO ANTRE O RC DEPORTIVO E A TVG PARA DAR OS ENCONTROS DO DEPOR EN ABERTO.

Tras non chegar a un acordo días atrás O RC Deportivo e a TVG, nesta mañán firmaban un acordo para a retransmisión, en directo, de todos os partidos do Dépor en Riazor nesta temporada 2020-2021. O ente televisivo galego ofrecíalle o parecer 65.000 euros, o mesmo cos outros equipos galegos da 2ª B por retrasmitir os seus choques, tendo en conta a igualdade, pero sen ter en conta que o Depor é máis seguido ca moitos dos equipos da 1ª División. Ademáis de ser un dos equipos con maior masa social de España, polo que dende o clube deportivista racharan as conversas sen chegar a un acordo.

Nun estudo de fai uns anos de Mediapro cando militábamos na 1ª División apuntaban ao Depor como o 7º equipo más seguido por televisión, por detrás de Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid, Sevilla, Valencia, e Betis, i en Galicia como o primeiro por diante de Madrid e Barcelona que o seguían de lonxe. o extranxeiro fomos o equipo máis seguido en Marruecos e en loita en Sudamérica cos dous grandes do fútbol profesional.

Benito Cores, Coordinador de Deportes da TVG, manifestou en Zona Mixta da Radio Galega que : “Temos os cartos que temos para todos. Foi un acordo complicado, unha cesión mutua na que cedemos todos. O RC Deportivo cobrará igual que os demais. Ten títulos, si, pero está na Segunda B, igual que os demais”. Algo que nos parece un despropósito, pois os títulos marcan unha diferenza, pero a masa social dun equipo, o seu seguimento de cara a publicidade, é tremendamente importante.

Polo tanto tralo acordo acadado antre RC Deportivo e TVG, esta ofrecerá a emisión dos partidos a todos os Deportivistas e afeccionados ao fútbol a través da televisión dixital terrestre, en todo o seu ámbito de cobertura, a través das plataformas dixitais nas que se ofrece a súa emisión, e na súa páxina web para o seguimento desde calquera punto do planeta…Segundo nos comunican dende o RC Deportivo.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies