ACORDO ANTRE FISOBER FSF E VALDETIRES FERROL PARA ASINAR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN.

Membros do Fisober FSF e Valdetires Ferrol  tralo acordo.

 

COMUNICADO FISOBER FSF
.
O club Valdetires Ferrol e o Fisober FSF chegaron a un acordo para asinar un convenio de colaboración para reforzar os vínculos e lazos de unión a través do fútbol sala entre ambos os clubs durante a tempada 2020/2021.
.
O club departamental é un referente no fútbol sala feminino galego e nacional, con 20 tempadas en 1ª división, actualmente milita na 2ª división nacional quedándose a pasada tempada ás portas do ascenso á 1ª división estatal. O Fisober FSF destacou todos estes anos polo seu bo facer cos equipos de base, consolidando ano a ano os seus equipos femininos en Ligas Galegas, asi como o equipo senior na Preferente Galega.
.
Esta unión propiciase xornadas de convivencia co equipo de 2ª división ferrolán e que xogadoras mozas con proxección da entidade dá Costa dá morte poidan asistir a adestramentos e gozar de minutos en categoría nacional.
Agradecer á directiva do Valdetires Ferrol as facilidades dadas para que este convenio salga adiante e poder promocionar o fútbol sala da nosa comarca a nivel nacional.
.
-Foto e Texto : Fisober FSF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies