ACÓRDASTE?…24 ANOS DAQUELA FINAL DA RECOPA QUE SE NOS ESCAPOU ANTE O PARÍS SAINT GERMAIN.


Once do Depor no “Parque dos Príncipes”.

 

Cumplíronse 24 anos da Final da Recopa de Europa, que xogaban os campións da Copa de cada país. Ese ano o RC Deportivo xogábaa tras gañar a final da Copa do Rei ante o Valencia CF, (2-1), da épica final que se xogou en dous días por mor da treboada que caía sobre Madrid cando se estaba xogando e que tivo que ser aprazada para 3 días despois e que primeiramente acabara 1-1 con goles de Manjarín e Mijatovic, para despois nos 11 minutos que quedaban, marcar Alfredo Santaelena. 

Nese ano, (1.995) ían a Recopa de Europa dous conxuntos, o RC Deportivo como campón da Copa e o Real Zaragoza, que gañaba a Recopa na tempada en curso. No primeiro encontro o RC Deportivo visitaba por primeira vez Malta para enfrontarse o Apoel de Nicosia. Mal encontro para o equipo deportivista que non se adaptaba o terreo de xogo e acababa co resultado inicial de 0-0. Non parecía un rival do outro mundo pero o encontro acababa sen goles a pesares de ter diante a Bebeto, que na volta destrozaba aoas malteses con 3 dos 8 goles que lle encasquetaban en Riazor, e puideron ser máis, pero o 5-0 da primeira metade con 3 de Bebeto e un de Radchenko e Beguiristain, facían que a segunda metade fora para ver deitados. O propio Radchenko, que repetía, Donato e Aldana, completaban a goleada para pasar a Oitavos.

Tocaba o Trabzonspor truko, todo un “coco” e en especial polo inferno que era o seu campo, pero aquel deportivo no que a grande maioría dos xogadores superaban a trintena, dirixidos dende o banco por Benjamín Toshack, conseguía traerse para a Coruña un 0-1 favorable con gol de Donato a hora de xogo. No encontro de volta e con todo por decidir o Depor voltaba  aser letal e vencía por 3-0 con goles de Bebeto, (2) e Donato.

Chegaban os Cuartos de Final e a sorte quería que houbese enfrontamento antre equipos españois. O Real Zaragoza, ca vitola de campión da Recopa na edición anterior cun auténtico golazo de Nayim. dende a banda no medio do campo en parábola, visitaba Riazor e a vitoria era pola mínima para os deportivistas, cun tanto do xove David Fernández no 69´. O coruñés entrara por Marjarín, 10 minutos antes de facer o gol da vitoria. Xa no encontro de volta e nun campo embrabecido o Depor sacaba un empate a uns, (1-1), que lle daba o pase a semifinais. Fernando Morientes facía o 1-0 que igualaba a eliminatoria aos 37 minutos de xogo, pero o Depor non se descompuxo e por medio de Bebeto aos 63 minutos de xogo conseguía a igualada, deixando aos maños fora da competición.

En semifinais tocaba un “coco” francés, que chegaba a Coruña avisado do potencial deportivista e ofrecía un encontro a defensiva e saindo o contragolpe. Fixo méritos dabondo o equipo deportivista nun Riazor con máis de 29.000 espectadores, para sumar unha nova vitoria coma nas anteriores eliminatorias. Aldana, Fran, Manjarín ou Bebeto, puideron abrir o marcador, pero unhas veces a defensa e outras o meta Lama evitaron o gol. No comezo da segunda metade Bebeto e Manjarín topáronse co meta galo. Tivo uns intres de perigo o equipo parisino, cun tiro de Valdéz que fixo lucirse a Liaño, pero retomou o dominio do xogo o equipo branquiazul e Beguiristain tivo o gol nas suas botas, pero o seu disparo foi repelido polo longueiro. Tamén o tiveron Bebeto, Fran ou Aldana. A pesadilla chegou ca entrada de Djorkaeff, que entraba no 79 e que no 90´, cunha xogada de “crack”, íase de todos, e de forte disparo dende fora do área acadaba o gol da vitoria, polo poste alonxado de Liaño. Unha vitoria inxusta, pero que lles daba alas para a volta e derrotaban o equipo deportivista por primeira vez na competición.

Chegou o encontro de volta no “Parque dos príncipes”, e o Depor sabía que tiña que sair a por un gol canto antes para poder ter opcións e así o fixo. Buscou o gol e mereceuno pero Patrice Loko alzábase como o máis listo da clase e adiantaba os de Saint Denís aos 59 minutos de xogo, batendo a Liaño. Tras uns intres de baixón o Depor buscou a igualada pero non foi quen de derribar a “telaraña” montada polo técnico galo, Luis Fernández.

A final pasarían o PSG e o Rapid e Viena, unha final que se xogaba o 8 de Abril do 1996 e que gañaba o equipo parisino por 1-0 cun tanto de Bruno N´Gotty de libre direto, no “Estadio Rei Balduino” de Bruiselas ante 37.500 espectadores. Unha final que se nos escapou disputala, na que ben puido estar o RC Deportivo, pero queda para a historia o haber chegado a unhas semifinais europeas, algo o alcance de moi poucos en Europa, e o único que o fixo en Galicia, e por partida dobre, pois 8 anos despois chegaríase a unhas semifinais da Champións. 

 

Equipo do RC Deportivo do derradeiro encontro de semifinais : Liaño, Donato, Voro, Ribera, Paco Jémez, Alfredo Santaelena, Viqueira, Manjarín, Villaroya, Radchenko e Bebeto.

Suplentes : Aldana, Martín Vazquez, Beguiristain.

Adestrador : John Benjamín Toshack

VÍDEO RESUMO

 

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : As Color

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.