Brais loitando ca corrente en Pau.
Brais Sánchez logra entrar na final xuvenil, Iago Canosa se queda fora dos selectivos e lesión de Marcos Sánchez.
Accidentada competición do CDM Piragüismo Dumbría na Estadio de Augas Vivas de Pau, sede dos últimos mundiais, na que acudía con seis deportistas nun escenario que se mostraba esixente
debido ó alto caudal de auga que presentaba, e a alta dificultade dos trazados propostos polos organizadores.
Iago Canosa necesitaba entrar nas finais para poder participar nos selectivos do Equipo Nacional, despois do seu fantástico cuarto posto en La Seu, pero por un só posto non se colou entre os dez
mellores. Mesmo así, boa competición do de Olveira, que sigue queimando etapas neste regreso á competición nacional.
Pola súa banda, e tamén na categoria Senior Masculina Marcos Sánchez Cancela sufreu un volco do que saiu cunha lesión na súa rodílla dereita, o que lle obligou a abandonar. O noso desexo dunha pronta recuperación.
Escorzo de Marco nunha das portas.
Marco Oreiro no C1 senior despois dun bó desempeño na xornada do sábado que o deixaba decimosegundo, e rozando os postos de finalista, non se adaptou o percorrido do domingo quedando definitivamente fora da final.
Martín en plena acción en Pau.
En canto a categoría xuvenil, excelente competición de tódolos participantes do CDM Piragüismo Dumbría, e máis tendo en conta que todos se tratan aínda de cadetes. Bráis Sánchez foi quen de
meterse entre os dez mellores canoistas xuveniles de España, mentras que Martín Fernández Romar se adaptou mellor o percorrido do sábado, sufrindo unha penalizacion o domingo.
Xesús Pena Cundíns fixo una fantástica competición de debut nun escenario tan esixente coma a canle de Pau.
-Texto e Fotos : CDM Piragüismo Dumbría/Norbert Aguilera