ACABOUSE A TEMPADA PARA DANI BARCIA TRAS CONFIRMARSE UNHA LESIÓN NO RECTO FEMORAL DA SUA COXA DEREITA.

Dani renovou fai uns meses ata 2028.

O pasado Domingo na previa do Depor-Cádiz era o falar da afección, a baixa de Dani Barcia na convocatoria por unha lesión “con mala pinta”, e confirmouse hoxe os peores augurios para este xove portento deportivista que por mor dunha lesión no biceps femoral da sua coxa dereita e que lle afecta ao tendón central terá que retirarse dos terreos de xogo por un periodo de 3 meses.

Dani que levantou os eloxios dos seus compañeiros cas prestacións que tivo e a admiración de todo o deportivismo, xogou esta tempada 16 encontros os 16 como titular, pero unhas molestias no derradeiro entreno da semana sinteu un pinchazo e tivo que reitirarse.

Os nosos maiores desexos de que se recupere o antes posibble para seguir crecendo na sua carreira como deportivista.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies