-1ª rolda-volta-


As muradanas despediron unha gran tempada.
ED As Miúdas 0-6 Atlético Matamá “B”
Era un premio o traballo de todo o ano pero acabouse a Fase de ascenso a 1ª División Galega Feminina de Fútbol, para o ED As Miúdas coa goleada sufrida ante o Atlético Matamá “B”, no “Eleuterio Balayo”,que non desluce para nada a tremenda tempada das muradanas cun extraordinario 3º posto en liga e as que lles queda por disputara a final da “I Copa da Costa de Fútbol Feminino”, ante o Bergantiños CF o 23 de Xuño.
Dura despedida das muradanas desta fase de ascenso cun severo correctivo a mans dun Atlántida de Matamá que foi superior nos dous partidos da eliminatoria e refrendouno con amplos marcadores. Xa no quecemento agraváronse os problemas deste treito final de temporada para as Miúdas, xa que Martina non podería empezar o duelo pola lesión do seu pe que arrastraba dende o encontro da pasada semana en Vigo, polo que os adestradores locales tiveron que recompoñer e improvisar o plan inicial, sendo o primeiro partido da temporada que ningunha das 3 capitanas formaría no once inicial.
Antes do pitido, coma no partido de ida, houbo un penalti para as de Muros, e si na pasada semana fora a capitana Antía a que o marrou, desta volta foi Bárbara a que mandou o balón con pouca forza e centrado para que a meta, non sin problemas e coa axuda do pau deixara a cero o marcador local. Toca agora recuperar efectivos e sobre todo sensacións para encarar a recta final co partido de final de Copa da Costa no horizonte para poñer punto e final a unha temporada na que as Miúdas foron de máis a menos lastradas de maneira notable polas numerosas lesións.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-