ÁBRENSE AS INSCRICIÓNS : VOLVE O TORNEO DE FÚTBOL 7 SENIOR “SANTA SABIÑA” TRAS 5 ANOS DE PARÓN.

Doro recibindo o premio na edición do 2018.

XXVII Torneo Fútbol 7 “Santa Sabiña”

Despois dun parón dende o ano 2019, volve un dos torneos máis emblemáticos do verán na zona : o Torneo de Fútbol 7 Senior de “Santa Sabiña”, en Santa Comba.

Un evento do que durante tantos anos vos informamo na nosa web e que comezaron a desarrollar, Ángel Facal, Javier Carreira, Xota Río, Javier Río, Luís García, Carlos Campos, Julio Espasandín e Maxi dos Picotos. Tras un “imos a facelo”, foi crecendo co paso dos anos. De catro equipos chegaron a ter corenta para nas derradeiras edicións establecer unha base de 24 e chegando ata 32.

Datas: 12 e 13 de xullo 2025
Lugar: Campo de herba natural de Santa Sabiña

Inscricións:
O prazo para inscribirse estará aberto ata o 10 de xullo ás 21:00 horas
Ese mesmo día, ás 22:00 horas, realizarase o sorteo dos encontros no Bar O Campo, situado na localidade xalleira de O Busto.

Teléfono de inscrición: 676 956 120 (David)

Premios:

  • Campión: 1.400 puntos

  • Subcampión: 600 puntos

  • Terceiro clasificado: 200 puntos

  • Cuarto clasificado: 100 puntos

Nota: A organización advirte que, no caso de non acadar os 24 equipos mínimos necesarios para o correcto desenvolvemento do torneo, os premios serán reducidos proporcionalmente.

Servizo de bar e comidas:
Como cada ano, no campo do Busto haberá churrasco, bocadillos e bebidas para quen queira xantar, refrescarse ou simplemente desfrutar do ambiente festivo que caracteriza este tradicional torneo estival.

Desde a orgañización agradecen a colaboración do Concello de Santa Comba e das marcas e casas colaboradoras.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies