ABERTO O PRAZO PARA RETIRAR ENTRADAS PARA O CRUCIAL, DEPORTIVO FEMININO-GRANADA, CO ASCENSO EN XOGO.

 

O RC Deportivo abreu o prazo para a retirada de entradas para o encontro que o vindeiro sábado 10 de Xuño de 2023 xogarán en Abegoindo o Deportivo Feminino e o Granada CF a partires das 12:00 horas, (10:00 GMT), e que será televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo, (www.youtube.com/rcdeportivo). Todo en marcha para remontar o 2-0 da ida desta final polo ascenso.

As entradas para as que teñen preferenza os socios, serán de balde como acostuma en tódolos encontros do deportivo Feminino en Abegondo, e para facerse con elas os socios terán que tramitar formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos. Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Aumento de aforo en Abegondo

Hai socios que consideran que este encontro debería xogarse en Riazor, pero as rapazas están máis acostumadas a xogar no terreo de xogo de Abegondo, onde terán que remontar o 2-0 da ida. Para que colla máis afección o clube ven de aumentar o aforo cunha grada supletoria nun dos fondos dos fondos.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies