Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deportivas do Concello de Muxía, para persoas adultas.

 

O Concello de Muxía abriu hoxe o prazo de preinscrición para as actividades deportivas 2020/21 para persoas adultas. Levaranse a cabo os martes e xoves no ximnasio municipal. 

Haberá catro actividades en distintos horarios:
– Actividades físicas para maiores de 65 anos ou con mobilidade reducida, en horario de 10.30 a 11:15 horas. 
– Circuit Training, en horario de 20:00 a 20:45 horas. 
– Spinning, en horario de 20:00 a 20.45 horas.  
– GAP, (Glúteos, Adomen e Pernas), en horario de 21:00 a 21.45 horas.  
 
As persoas interesadas poderán realizar a preinscrición até o 26 de outubro chamando ao teléfono 618 895 265 ou no enderezo electrónico diego.castineira@muxia.es
-Texto e Foto : Departamento de prensa Concello de Muxía

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies