O campo de herba artificial de “San Pedro”, en Castriz, converterase os vindeiros 4 e 5 de xullo nun dos epicentros do fútbol afeccionado da comarca coa celebración da quinta edición do Torneo de Fútbol-7 Castriz, unha cita que ano tras ano continúa gañando prestixio e participación.
A competición repartirá 2.000 puntos para o equipo campión, 800 para o subcampión, 300 para o terceiro clasificado, e 150 para o cuarto, converténdose nun dos torneos de verán máis atractivos da zona. Ademáis, non faltará o tradicional ambente festivo, coa presenza de churrasco para os asistentes e a oportunidade de compartir unha fin de semana de convivencia arredor do deporte.
O torneo chega nun momento de certa tranquilidade para orgañizador o SD Castriz tras unha tempada especialmente intensa. O conxunto xalleiro, que iniciou o curso baixo a dirección de Miguel Chouza e o rematou con José Barca no banco, viviu unha campaña de máxima esixencia na Primeira Futgal Grupo 2, na que pelexou ata as últimas xornadas por evitar o descenso. Finalmente, o equipo conseguiu o obxectivo da permanencia e seguirá un ano máis nunha categoría á que ascendera hai dúas tempadas.
A vindeira campaña traerá ademais un marcado sabor xalleiro co Xallas FC, que o pasado domingo conseguiu o ascenso na promoción, volverá coincidir coa SD Castriz na Primeira Futgal. Xunto a eles estarán tamén o CF Muxía e a SD San Lorenzo, este último equipo que acadou o ascenso como campión da Liga da Costa.
Precisamente por iso, este Torneo de Fútbol-7 Castriz preséntase como unha magnífica oportunidade para deixar atrás a tensión acumulada durante a longa tempada ligueira e gozar dun par de xornadas nas que o protagonismo recaerá na diversión, na amizade e no compañeirismo entre xogadores e afeccionados.
A organización mantén aberto o prazo de inscrición ata o 2 de xullo ás 21:00 horas. A cota para participar é de 150 puntos por equipo, podendo formalizarse a inscrición a través do teléfono 636 033 610 ou no Bar Cataliño da localidade xalleira.
O sorteo da competición celebrarase o propio 2 de xullo ás 22:00 horas no citado establecemento.
O pasado ano o campión do torneo que contou con 28 equipos foi o Rosfavi que derrotaba na final ao Trapalleiros.
Castriz volverá vivir así unha fin de semana especial, na que o fútbol será a escusa perfecta para reunir a numerosos afeccionados nun evento que xa forma parte do calendario deportivo e social do verán na Terra do Xallas e na volta.
–
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.
Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”


