ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA O “I TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA +35” ORGAÑIZADO POLO CF CANCES.

 

O CF Cances orgañiza para os días 22-23 e 24 de Agosto deste 2025. o “I Torneo Internacional de Veteranos da Costa”, para xogadores de +35 anos en colaboración co Concello de Carballo e para él ten aberto o prazo de inscricións co desexo de que “participen os máis equipos posibles”, tal e como nos apunta a presidente do Cances, Yolanda Duarte que ten na coordinación do inédito evento a sua compañeira Rebeca Varela.

Segundo nos comenta Yolanda, “E verdade que o noso é un torneo, pero ten algo máis, vai máis alá do meramente deportivo, ten algo especial pois é un torneo e solidaridade ca nosa Daniela e mais Asociación Princesa Rett…Xogaremos por elas, por dar visibilidade a sua loita e aportar o noso graniño de axuda”.

Xa teñen varios equipos importantes apuntados e segundo a presidenta do torneo levan, “un ano loitando para conseguir levalo a cabo e despois de moito loitar estamos conseguindo grandes equipos, moi grandes, como o Deportivo de Veteranos, ou coma os Peloteros de Granada, Juventus de León, o Zamora, Rivera de Ourense ,etc…

Para Yolanda, “sería moi importante que na costa a xente acuda e apolle esta causa que todos os equipos e colectivos esten enterados, e que apunten os equipos da costa”.

 

-Foto montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Cartel : Yolanda/CF Cances