ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS DO “XIV DÚATLON DE REIS” DE VIMIANZO , VALEDEIRO PARA O “CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON CROSS”, XA QUENTA MOTORES.

Presentación do evento en Vimainzo.

Está de volta o Duatlón de Vimianzo, que chega a sua 14ª edición, e terá lugar o vindeiro 8 de Xaneiro do 2023, e que desta volta será parte do Campionato Galego de Dúatlon Cross e do Circuito Mozo, e ademais este ano, como novidade, tamén contará con proba popular na distancia SuperSprint.
Todos aqueles que querían iniciarse nesta modalidade deportiva pero non se atrevían coa distancia estándar terán ocasión de participar nunha distancia máis asequible.
O pasado venres 16 de decembro abríronse as inscricións, que seguen abertas para os que desexen participar. Poderán facelo en www.fegatri,org, co prezo de 12 euros por inscrito. Son 140 prazas para o Circuito Galego, e 100, (50 parellas), para o de relevos.
Para o Circuito Mozo de Carreira Popular, a inscrición é de balde.
Os derradeiros campións do Dúatlon de Reis de Vimianzo foron : Mar Delgado e Alexandre Otero, que aparecen nos carteis de pubricidade do evento vimiancés.
-Foto : Prensa Concello de Vimianzo
-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies