Os vindeiros 11 e 12 de xullo de 2026, o campo de herba de Santa Sabiña, (Santa Comba), converterse nun dos grandes puntos de encontro do fútbol afeccionado coa celebración da XXVIII edición do Torneo de Fútbol-7 Santa Sabiña, unha competición que co paso dos anos se consolidou como unha das máis importantes e prestixiosas da época estival no fútbol en toda a zona.
A organización que conta coa colaboración do Concello de Santa Comba a Deputación da Coruña e varias casa comerciais, agarda unha nova edición marcada pola participación, a competitividade e, sobre todo, polo excelente ambiente que caracteriza este evento desde os seus inicios, o cal seguimos gracias a gran colaboración da orgañización.
Máis aló dos resultados deportivos, o Torneo Santa Sabiña é unha auténtica festa do deporte, da confraternidade e da convivencia, reunindo cada verán a xogadores, afeccionados e visitantes chegados de diferentes puntos da comarca e doutras localidades galegas.
O torneo contará cun atractivo reparto de premios, con 1.400 puntos para o equipo campión, 600 para o subcampión, 200 para o terceiro clasificado e 100 para o cuarto. Ademais, a organización estableceu unha cota de inscrición de 100 puntos por equipo, permanecendo aberto o prazo ata o 9 de xullo ás 21:00 horas, que terá lugar o sorteo no Bar “O Campo”, do Lugar do Busto, (Santa Sabiña).
Durante toda a fin de semana, o recinto deportivo e os seus arredores vivirán un intenso ambiente festivo. O campo transfórmase cada ano nun espazo onde o fútbol serve de punto de encontro para amigos, familias e afeccionados, creando unha atmosfera única na que a competición convive cos xantares a diversión e a amizade.
A oferta complétase cun servizo de churrasco, hamburguesas e bocadillos a prezos populares, un dos atractivos que contribúen a facer máis agradable a estancia dos numerosos asistentes que se achegan a Santa Sabiña para gozar do espectáculo.
Tras vinte e oito edicións, (só se parou polo COVID-19), o Torneo Santa Sabiña continúa demostrando a súa capacidade para manter viva a esencia do fútbol afeccionado. Un evento que combina paixón polo deporte, tradición e unha organización consolidada, converténdose cada verán nunha referencia ineludible para os amantes do fútbol-7 e nun dos acontecementos deportivos máis destacados da comarca, chegou a ter nunha edición 40 equipos inscritos.
O Toxiño campión do ano pasado
Na final do pasado ano o Toxiño impúxose ao Senra Sport, proclamándose campións do torneo, nun choque emocionante que acabou con empate a uns, (1-1), e tería que ser dende os once metros onde se decidiría o campión do torneo. Pola súa banda, o Santa Sabiña fíxose co terceiro posto tras vencer ao Rosfavi na quenda de penaltis (3-2).
En resumo :
-Prazo de inscrición : ata as 21:00 horas do 9 de Xullo
-Modalidade : Fútbol-7
-Edades : de 16 en diante
-Data do torneo : 11-12 de xullo 2026
-Premios : 1400, (1º posto); 600, (2º); 200, (3º); 100, (4º)
-Lugar do torneo : Santa Sabiña, (Santa Comba)
-Tlf para inscribirse : 676 956 120, (David).
–
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.
Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”


