O prazo de inscrición para o III Trofeo Costa da Morte de tiro con arco xa está aberto. A competición, organizada pola Federación Galega de Tiro con Arco, celebrarase os días 4 e 5 de xullo no campo municipal “O Pinguel” de Ponteceso e incluirá tamén o Trofeo Federación e a quinta xornada da Liga Galega ao aire libre. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 26 de xuño a través da plataforma oficial da FGTA.
A inscrición debe realizarse a través da plataforma Add On Sport, habilitada pola Federación Galega de Tiro con Arco para este evento.
O enlace directo é: Add On Sport – III Trofeo Costa da Morte
O prazo permanecerá aberto ata o 26 de xuño ás 22.00 horas.
.
-Fotos e información : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
