ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ENTRADAS DISPOÑIBLES PARA O DEPOR-SALAMANCA PARA OS SOCIOS PROTECTORES.

 

O Real Club Deportivo está a traballar para tratar de que, atendendo á normativa vixente, vaian o maior número de socios posibles a cada partido no Estadio ABANCA-RIAZOR. Polo cambiante da situación sanitaria, social e regulatoria, a xestión do acceso dos socios do Deportivo a ABANCA-RIAZOR está a traballarse con perspectiva de varios encontros, pero irase determinando pública e semanalmente enfocada só ao seguinte partido fixado.

Para o encontro da xornada 1 da Temporada 2020-2021, o Deportivo – Salamanca do 18 de outubro en ABANCA-RIAZOR, existirá limitación de aforo polo que non poderán acceder todos os socios, debendo establecerse un procedemento de repartición dos mesmos dentro da bancada da que son abonados sen poder respectar o asento que, como abonado, ten asignado. Estes son os criterios de xestión establecidos:

– Poderán optar a unha das entradas dispoñibles da bancada da que son socios, todos os SOCIOS PROTECTORES do Real Club Deportivo que renovasen o seu carné antes do venres 9 de outubro ás 19:00 h.

– Todos aqueles SOCIOS PROTECTORES que renoven entre a publicación deste procedemento e o venres 9 de outubro ás 19:00 horas, deberán esperar ao sábado 10 ás 10:00 h. para completar o proceso de solicitude de entrada que, para todos os demais SOCIOS PROTECTORES, xa está aberto desde a publicación deste procedemento e que é o seguinte:

1. Todos os SOCIOS PROTECTORES que teñan interese en poder comprar unha entrada para o partido da xornada 1, Deportivo-Salamanca, deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimas cifras do DNI e correo electrónico. Este procedemento ten 3 fins: poder realizar a solicitude da entrada; en caso de adxudicación de entrada, poder notificar ao socio que ten dereito á adquisición da mesma; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

2. A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o domingo 11 de outubro ás 23.59 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o primeiro partido da Temporada. Con cada solicitude obterase un código co que poderá consultar se finalmente ten a posibilidade de adquirir unha entrada.

3. Ao longo do luns 12 de outubro ordenaranse, por antigüidade de socio dentro de cada bancada, a todos os SOCIOS PROTECTORES que completasen correctamente a solicitude, e notificarase vía correo electrónico a aqueles que, en cada bancada, sexan adxudicatarios da posibilidade de adquirir unha entrada dentro da súa localidade como socio. A listaxe de códigos adxudicatarios tamén se publicará na páxina web: www.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivista para público coñecemento de todos os socios do Deportivo.

No caso de que o seguinte partido en ABANCA-RIAZOR sexa tamén con limitación de aforo, estes socios aos que se lles asignou a posibilidade de adquirir unha entrada para o partido Deportivo – Salamanca, perderán a súa prioridade con respecto ao resto de SOCIOS PROTECTORES.

4. Do martes 13 de outubro ao sábado 17 de outubro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivista, todos os SOCIOS PROTECTORES aos que se lles notificou o seu dereito a adquirir unha entrada poderán pasar a comprala conforme ao seguinte cadro de prezos:

 

 

Outra ventaxe por ser Socio Protector

 

 

-Fotos e Texto : RC Deportivo