ABERTO ATA VENRES O PRAZO PARA OPTAR AS 300 ENTRADAS PARA PODER VER O LICEO DEPORTIVO ANTE O MATARÓ, (4ª Xda OKLIGA).

 

Co protocolo de actuación xa presentado ás autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, o DEPORTIVO LICEO permitirá a asistencia de 300 persoas ao partido fronte ao CH Mataró (domingo 18 de outubro, 12:00h), correspondente á xornada 4 da OK Liga 20/21.

Estas 300 persoas serán seleccionadas a través do mesmo criterio que na anterior ocasión fronte ao Taradell, pero con outro matiz. Serán elixidas pola antigüedade dos socios que envíen un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com desde as 16:00h do mércores 14 de outubro e ata as 16:00h do venres día 16.

Sen embargo, TERÁN PRIORIDADE OS SOCIOS E SOCIAS QUE NON ASISTIRON NO SEU DÍA AO PARTIDO CONTRA O TARADELL.

Deberán facilitarse nome, apelidos, correo electrónico e DNI dos interesados. Os socios que manden unha solicitude sen algún destes datos NON poderán entrar ao recinto. Un carnet familiar, que engloba a un máximo de catro persoas, permitirá a asistencia de todas elas sempre que cada unha facilite todos e cada un dos datos anteriormente mencionados.

De xeito excepcional, tamén será posible solicitar a asistencia a través do seguinte número de teléfono: 981 131 451 (mesmo prazo que nas solicitudes por correo).

O Deportivo Liceo segue traballando para que este número sexa maior en futuros compromisos, sempre baixo as condicións que permitan un exercicio responsable coas circunstancias sanitarias actuais.

-Foto :

-Texto : https://www.hockeyclubliceo.com


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies