ABERTO ATA O 12 DE AGOSTO AS INSCRICIÓNS PARA O “I TORNEO DE FÚTBOL PRAIA DE LAXE”.

 

O Concello de Laxe colabora no “I Torneo de Fútbol Praia” organizado pola SD Laxe para o 13 e 14 de agosto

As inscricións poderán formalizarse ata o día 12, ás 21 horas, chamando ao 664 086 846 ou no bar ‘O Bocho’ de Laxe.

Repartiranse máis de 1.000 euros en premios.Sortearase unha cea valorada en 100 euros o día 12.

Laxe, 04 de agosto O Concello de Laxe colabora este ano no I torneo de fútbol praia organizado pola SD Laxe para os próximos días 13 e 14 de agosto. Repartiranse máis de 1.000 euros en premios e tamén un xamón.

O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 12 de agosto, ás 21:00 horas, podendo formalizarse a mesma chamando ao 664 086 846 ou no bar ‘O Bocho’ de Laxe. A cuota é de 100 euros.

Ademais, o día 12, ás 21:30 horas, no mesmo bar farase un sorteo dunha cea valorada en 100 euros para realizar en calquera dos establecementos de Laxe que son patrocinadores.

Desde o goberno local animan a toda a veciñanza a que se una a unha iniciativa “moi enriquecedora, tanto a nivel deportivo como de ocio e compañeirismo, que ademáis fortalece á SD Laxe e aos locais e establecementos do concello”.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Laxe