Aberto o prazo de inscricións para o “3 Horas Resistencia Concello de Camariñas” de BTT.

Presentación do evento no Concello de Camariñas.

 

A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, será o domingo 2 de febreiro con saída e chegada na praia do Ariño. 

As inscricións deberán formalizarse ata o 30 de xaneiro na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Xa están abertas as inscricións para a ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, que volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia e estará coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). 

A cita, prevista para o domingo 2 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das cinco probas das que constará o campionato galego ao longo de 2025:

Lousame, 19 de xaneiro.

Noia, 26 de xaneiro.

Camariñas, 2 de febreiro.

Vilagarcía, 9 de febreiro.

Narón, 16 de febreiro.

As inscricións poderán formalizarse ata o xoves 30 de xaneiro ás 15 horas na páxina web da Federación Galega de Ciclismo (https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/29210-3HORAS-RESISTENCIA-CONCELLO-DE-CAMARINAS) e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.

-Foto e texto : Prensa Concello de Camariñas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies