ABERTAS ATA O 14 DE NOVEMBRO AS INSCRICIÓNS PARA O “I TROFEO TERESA HERRERA ESPORTS” DE FIFA 21 ORGAÑIZAO POLO CONCELLO DA CORUÑA.

 

Orgañizado pola Consellalía de Deportes da Coruña e a plataforma de esports Ween Games e a colaboración de GameBoks e Galicia ESPORTS, chega o “I Trofeo eTeresa Herrera” que se disputará do 16 ao 22 de novembro, un torneo no FIFA 21, que nace co obxectivo de achegar os esports á cidade da Coruña e aos seus concellos veciños, a través dunha competición histórica para a cidade e para Galicia. É unha competición de 1 contra 1, cun máximo de 512 xogadores que competirán por converterse no campión dun trofeo histórico do fútbol, que agora, por primeira vez, está tamén nos deportes electrónicos. A experienza da liga antre as peñas que fixo a Federación de Peñas Deportivistas xa foi un prmeiro paso que tivo unha enorme acollida e foi todo un éxito de principio a fin.

REGULAMENTO I TROFEO eTERESA HERRERA

1) CONDICIÓNS XERAIS

Consola: PlayStation 4

Xogo: FIFA 21

Modo: Online

Formato: Eliminatoria directa a ida e volta, un contra un.

2) PARTICIPACIÓN

Poderán participar todos aqueles xogadores maiores de 16 anos con domicilio fixo na área urbana de A Coruña (A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada). Deberán declarar* que residen na cidade xunto cos datos que se indiquen para realizar a súa inscrición. No caso de estar empadroados no termo municipal da Coruña, bastará con sinalalo no momento da inscrición.

*A aceptación dos termos e condicións do torneo ao rexistrarse servirá como declaración de que o participante reside na área urbana de A Coruña, en caso de demostrarse o contrario nalgún momento durante a celebración do torneo, ese xogador/a será desclasificado e o outro xogador gañará a partida.

3) CONSENTIMENTO PARA MENORES DE IDADE

Os menores de 18 anos deberán engadir á súa inscrición o consentimento da nai, ou do pai ou do titor, quen escribirá e asinará o seguinte texto que enviará fotografado xunto á imaxe do seu carné de identidade:

“Eu, (nome a apelidos), AUTORIZO a inscrición do meu fillo/a (nome e apelidos do menor) no I Trofeo eTeresa Herrera, aceptando as condicións do regulamento do mesmo, así como ó tratamento dos seus datos persoais ós efectos exclusivos do desenvolvemento do Torneo.

Na cidade de A Coruña, a (día, mes e ano).

Asinado: ”

4) INSCRICIÓN

A inscrición ó Torneo é totalmente gratuíta. A inscrición ó Torneo supón a aceptación completa do presente Regulamento así como das decisións que poida chegar a tomar o Organizador do mesmo en cada momento e ante calquera asunto, incidencia, discrepancia, necesidade de interpretación, etc.

5) PRAZO DE INSCRICIÓN

Os interesados en participar no Torneo farán a súa inscrición ata as 23:00 horas do día 14 de Novembro de 2020.

6) DATOS DE INSCRICIÓN

A inscrición poderán facela cumprimentando o formulario oficial do Torneo ó que se accederá desde o enlace publicado nas redes sociais e na páxina web do Torneo. Toda aquela persoa que non sexa residente na área urbana de A Coruña (A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada) e se inscriba neste torneo, non poderá participar na fase final presencial e será desclasificado, clasificando automáticamente o xogador ó que lle gañou o seu último partido antes da fase presencial. O día no que se coñezan os 16 clasificados, a organización contactará a todos eles para verificar o seu domicilio.

No caso de non poder acceder a través do enlace publicado nas redes sociais, na páxina web ou na plataforma Ween, poderá facerse a inscrición enviando un Email á seguinte dirección: esports@coruna.es

As inscricións deben incluir os datos seguintes:

-Nome e Apelidos (do participante)

-Consentimento en caso de que o participante sexa menor de idade.

-ID de PlayStation do participante

-Nome do perfil do participante da rede social desde a que se inscribe

-Dirección de Email de contacto

-Nome de canal de Twitch do participante (sempre que o teña)

*Non se aceptarán inscricións defectuosas ou nas que falten datos de carácter obrigatorio segundo o indicado anteriormente. O Organizador tampouco contactará solicitando a corrección e/ou subsanación dalgún dato que faltase dos obrigatorios esixidos na inscrición. O Organizador resérvase a potestade de non admitir inscricións con nomes ofensivos, malsoantes, vexatorios, pexorativos, así como aqueles que puideran conter alusións de carácter político, relixioso, etc.

7) LÍMITE DE PARTICIPANTES

A inscrición inicial está limitada ós 512 primeiros xogadores que se inscriban correctamente.

O Organizador confirmará ós inscritos a súa inscrición a través da plataforma Ween, onde poderán ver o bracket ou chave de competición.

Todos os inscritos confirmados polo Organizador, sempre e cando non foran obxeto de descalificación por algún dos motivos que o regulamento contempla, poderán disputar o Torneo e participar na recepción daqueles premios que poidan obter segundo se clasifiquen, e poderán entrar nos sorteos daqueles regalos que se poidan sortear entre todos os inscritos, independentemente da súa clasificación final.

En caso de detectarse algún dato falso, o participante afectado será descualificado non podendo recibir premio algún nin participar no sorteo final de regalos.

8) EQUIPOS, PARTIDOS E XORNADA

Os participantes poderán participar no Torneo empregando o equipo que prefiran.

Está previsto (en función do número de participantes) que se poidan dar partidos entre un mesmo equipo dirixido polos participantes contendentes.

O Organizador levará a cabo o sorteo de encontros que se comunicará xunto ó horario de xogo de cada xornada, a todos os interesados. Na plataforma de Ween mostrarase sempre o horario por defecto de cada rolda, ainda que os xogadores poden xogar cada partido á hora que acorden entre eles, sempre que sexa dentro do horario proposto.

O Organizador disporá (segundo o caso) os medios que favorezan a difusión e a comunicación do desenvolvemento do Torneo en plataformas, redes sociais, etc., ademais da conta oficial de Email.

9) PARTIDOS

Pouco antes da hora do partido, o xogador que figure como “local” (na parte superior do bracket ou na parte esquerda do lobby de partido en Ween) deberá preparar a súa PlayStation configurando os seguintes parámetros de xogo:

-Duración de cada parte: 6 min

-Controles: Calquera

-Velocidade de xogo: Normal

-Tipo de plantilla: 85 GLOBAL

En caso de que no momento de axuste de parámetros aparecese a mensaxe “Hay disponible una actualización de plantilla o de juego. Debes aplicar las últimas actualizaciones para entrar en un partido. Los cambios no guardados podrían perderse”, se premerá na opción “Aceptar”. Posteriormente a isto, aparecerá a mensaxe “¿Quieres guardar esta plantilla? Se sobrescribirá tu plantilla actual.” recomendamos premer na opción “Si”.

10) INVITACIÓN ENTRE XOGADORES.

O xogador que figure como “local” (na parte superior do bracket de competición ou no lado esquerdo do lobby de partido en WEEN) de cada encontro enviará entón a “invitación” correspondente ó xogador “visitante”, desde a PlayStation. Os xogadores poderán comunicarse a través da plataforma WEEN para acordar unha hora de comezo. En caso de dúbida, os administradores da competición remitiranse ós chats de WEEN para validar calquera protesta, polo que recomendase o emprego deste chat. Unha vez acordada a hora de xogo, o visitante terá 10 minutos para aceptar a invitación, de non aceptarse, o xogador visitante perderá o encontro por tres goles a cero e será desclasificado por non presentado, perdendo a posibilidade de entrar no sorteo final de agasallos.

Así mesmo, de comprobarse que o xogador “local” non envía a “invitación” correspondente ó “visitante” nesa marxe de tempo (10 min), perderá o encontro por tres goles a cero e será desclasificado nos mesmos termos que no exposto no parágrafo anterior para o “visitante”.

10.1. COMUNICACIÓN ENTRE XOGADORES.

A comunicación entre os xogadores farase a través do chat da sala de partido na plataforma WEEN. Os árbitros/administradores da competición poderán ler así o desarrollo da partida e prestar axuda en caso de precisala.

11) DESENVOLVEMENTO DO XOGO

O partido se xogará ata o final do mesmo. En caso de finalizar cun empate, ó xogar no modo ida e volta, será o propio xogo quen estableza o vencedor, xa que o FIFA21 conta con este sistema.

12) FAIRPLAY, CELEBRACIÓNS E REPETICIÓNS

O Organizador recomenda a práctica do xogo limpo, respectuoso e de lícita competitividade entre rivais, recomendando favorecer que se vexan as celebracións correctas dos goles, permitindo ver as repeticións dos mesmos, etc., segundo o automatismo establecido no xogo, para permitir maior desfrute a aqueles que poidan estar vendo o partido mediante streaming.

13) FIN DO PARTIDO

Finalizado o encontro cun vencedor, ambos xogadores deberán poner o resultado na web de WEEN e, ademáis, subir unha foto co resultado na plataforma.

O equipo que resultase perdedor deberá enviar tamén a foto final (como mostra de recoñecemento e de xogo limpo) que será o que lle permita participar no sorteo final de agasallos. Se algún participante non enviara a foto do final ou se desconectase durante un partido, será descualificado non podendo entrar tampouco no sorteo final do Torneo.

En caso de incidencia técnica, allea ós xogadores, por corte de subministro eléctrico, de caída da rede de internet, servidores, etc., será o Organizador quen determine a decisión final que prevalecerá, ben sexa proclamando un gañador, repetindo ou aprazando o encontro, etc., valorando sempre a repercusión particular, parcial ou xeral da incidencia e aquelas outras circunstancias que poida ter en conta o Organizador no seu momento, desde o seu criterio.

14) SEGUINTES ROLDAS

Finalizados os partidos de cada rolda, e cos resultados recibidos, os xogadores poderán ver na plataforma de WEEN os partidos seguintes e o seu rival. Durante os partidos e as roldas non se terán en conta as posibles expulsións e/ou acumulación de tarxetas amarelas. Un xogador expulsado pode xogar o partido seguinte e, incluso en caso de desempate, o partido novo se xogaría partindo de cero, sen expulsados, amoestados, etc.

15) AXUSTES DE TWICHT E PARÁMETROS DO XOGO PARA STREAMING

O Organizador poderá seleccionar a posibilidade de retransmitir encontros vía streaming (entre aqueles participantes que dispoñan de conta activa en Twitch) a través dos diferentes medios, plataformas, webs, etc., que se anunciarán no seu momento. Durante as roldas de clasificación ata chegar ás semifinais, os partidos serían retransmitidos cos propios sons e comentarios do xogo FIFA 21. Así, por parte do xogador que figurase como “local” no encontro que se vaia retransmitir haberá que personalizar os axustes no xogo do seguinte xeito:

Axustes FIFA 21

Imos a: Personalizar – Ajustes – Ajustes del Juego Premendo R2 vamos a “Audio” Premendo R1 vamos a “Sonido Partidos” “Volumen de los comentarios” y “Volumen del ambiente del estadio” deberán estar ó máximo nivel.

Axustes Twitch

No mando da PlayStation, prememos “share” e “Transmitir la partida”

Deberá estar desactivado:

o Sin cámara

o Sin micro

o Sin mensajes

O Organizador poderá correxir, modificar e/ou indicar as especificacións necesarias que permitan unha óptima retransmisión e difusión vía streaming dos encontros seleccionados, nos medios que se establezan.

16) DESCONEXIÓN TRANSMISIÓN STREAMING

Cando finalice un encontro que teña sido emitido por streaming, unha vez enviadas as fotografías do resultado final polos xogadores, o que figure como local deberá deixar de transmitir a partida. Para elo, deberá pulsar el botón “share” no mando da PlayStation 4 e logo premer en “Fin Transmisión”.

17) Na rolda de semifinais, e na final estes axustes deberán modificarse como se indica especificamente no punto 22 (STREAMING SEMIFINAIS E FINAL) deste Regulamento.

18) FASE PRESENCIAL – FINALES

Unha vez resolto por parte do Organizador todo o concernente ó número definitivo de participantes, cruce de grupos, roldas, etc., chegarán á fase final, que se celebrará de forma presencial, os 16 mellores xogadores que se teñan clasificado ata ese momento.

O organizador sorteará os cruces e fixará a hora dos encontros resultantes do sorteo. As seguintes roldas se xogarán unha despois da outra e tras elas, na mesma xornada, se xogará o partido para determinar o terceiro e o cuarto posto, e a gran final que determinará ó Campión do Torneo.

19) PREMIOS

Os tres mellores clasificados recibirán un trofeo cada un, así como serán mencionados nas redes sociais do evento.

A organización está traballando por conseguir outros premios a maiores, os cales comunicará a través das redes sociais e coa actualización deste regulamento na súa web.

20) SORTEO ENTRE O RESTO DE PARTICIPANTES

A organización está traballando por conseguir materiais para sortear entre os participantes, os cales comunicará a través das redes sociais e coa actualización deste regulamento na súa web.

21) PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que o responsable do tratamento dos datos declarados é o Concello da Coruña, e tendo como finalidade os usos previstos exclusivamente neste Regulamento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais declarados poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. de María Pita, 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

22) FASE FINAL PRESENCIAL

Debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID-19, a organización do evento resérvase o dereito de establecer un formato diferente de competición na fase final presencial, no caso de que as medidas vixentes no momento de celebración desta fase presencial requiran esta modificación.

23) STREAMING SEMIFINAIS E FINAL

Como se indicaba no punto 15 do presente Regulamento, o Organizador poderá seleccionar a posibilidade de retransmitir vía streaming (por diferentes medios, plataformas, webs, etc., que se comunicarán no seu momento) a xornada de semifinais, o encontro de terceiro e cuarto posto e a Gran Final, recibindo o sinal desde a plataforma Twitch por parte dos xogadores “locais” de cada encontro. Así, por parte do xogador que figurase como “local” no encontro que se vaia retransmitir haberá que personalizar os axustes no xogo do seguinte xeito:

Axustes FIFA 21

Imos a:

Personalizar – Ajustes – Ajustes del Juego Premendo R2 vamos a “Audio” Premendo R1 vamos a “Sonido Partidos”. “Volumen de los comentarios” deberá estar a cero.

Axustes Twitch

No mando da PlayStation, prememos “share” e “Transmitir la partida”. Deberá estar desactivado:

o Sen cámara

o Sen micro

o Sen mensaxes

O Organizador poderá correxir, modificar e/ou indicar as especificacións necesarias que permitan unha óptima retransmisión e difusión vía streaming dos encontros seleccionados, nos medios que se establezan.

24) DESCONEXIÓN TRANSMISIÓN STREAMING

Cando finalice un encontro que teña sido emitido por streaming, unha vez enviadas as fotografías do resultado final polos xogadores, o que figure como local deberá deixar de transmitir a partida. Para elo, deberá pulsar el botón “share” no mando da PlayStation 4 e logo premer en “Fin Transmisión”.

25) DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN

O Organizador poderá dispor das ferramentas, sistemas, plataformas, medios, etc., propios ou alleos desde os que difundir, anunciar ou manter informados ós participantes dos calendarios, roldas, resultados, etc., que serán debidamente comunicados para o seu coñecemento público.

26) INCIDENCIAS REGULAMENTO

De ser necesaria algunha ampliación, modificación, corrección ou aclaración do presente regulamento durante o desenvolvemento do Torneo, o Organizador o comunicará a todos os participantes activos no momento que tal cousa aconteza, sen que os posibles eliminados anteriores á tal circunstancia teñan opción a reclamación algunha sobre a súa eliminación.

-Foto e Texto : Ween Games