Aberta a inscrición para o Curso de Adestradores do RC Deportivo.

 

Coa resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 14 de maio, xa está aberta a inscrición para participar no Curso de Adestradores do Real Club Deportivo. Para o Nivel I e as probas de madurez a data límite de inscrición é o 2 de xullo. É posible solicitar máis información sobre o Curso de Adestradores do Real Club Deportivo, organizado polo Dépor Football Institute e que este ano alcanza a súa decimosexta edición, en dcs@rcdeportivo.es ou no 689 618 558.

Documentación para a inscrición:

Información xeral proceso de inscrición e curso 2021-2022

 

 

-Fotos e Texto : www.rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies