ABEL MARTÍNEZ E DIEGO UZAL NOVAS FICHAXES DO BERGANTIÑOS NO QUE É BAIXA TONI E DIEGO CESPÓN BAIXA NO CF DUMBRÍA.

 

Abel Martínez outro reforzo bergantiñista

Abel Martínez, nova incorporación do Bergan. Abel (Cangas do Morrazo, 1995) chega a Carballo logo de desenvolver toda a súa carreira no Alondras, onde comezou a xogar ao fútbol con só sete anos. Con 17 debutou en Terceira, alternando as convocatorias do primeiro equipo coas do xuvenil de Liga Galega do club cangués, co que acadou o ascenso a Liga Nacional. Rematada a súa etapa de formación, consolidouse no equipo sénior que disputou as dúas últimas eliminatorias de promoción a Segunda B.

Lemos terá ás súas ordes a un futbolista de altísimas prestacións tanto no posto de central como no de medio centro. Coa incorporación de Abel, o novo proxecto do Bergantiños conta agora mesmo con seis xogadores que se proclamaron este ano coa Selección galega campións da Copa de Rexións UEFA: Aarón, Iago López, Yelco, Carlos López, Diego Uzal e o propio Abel.

“Estou moi contento de dar este gran paso na miña carreira: é unha oportunidade perfecta para seguir medrando e unha honra que confíen en min para este proxecto tan interesante”.

 

 

Diego Uzal asina polo Bergantiños CF

Diego Uzal, novo xogador do Bergantiños. Procedente do Somozas, o centrocampista (A Coruña, 1992) chega a Carballo en plena madurez e consolidado como un dos mellores da Terceira galega na súa posición.

Logo de rematar a súa etapa de formación no xuvenil de División de Honra do Montañeros, pasou unha campaña no Santiago Compostela, en Preferente, e outras tres no Silva, co que acadou o ascenso na segunda temporada. A 2015/16 foi a da súa fichaxe polo Cerceda, onde militou dous cursos e disputou senllas fases de ascenso, antes xogar para o Somozas os últimos tres anos.  Habitual nas convocatorias da selección galega, coa que se proclamou este ano campión de España da Copa das Rexións UEFA.

“Estou encantado de ir ao Bergantiños porque é un gran club e ten un proxecto moi ambicioso”, declarou logo de asinar pola entidade carballesa. “Intentarei devolverlle a confianza que depositaron en min dando todo para conseguir os obxectivos, que teñen que ser os máximos”.

 

 

Toni, (esq), no encontro de Copa ante o Sevilla en Riazor.

 

Toni baixa no Bergantiños CF tras 8 anos no clube

Toni, baixa para a próxima temporada. Logo de oito campañas nas Eiroas, a onde chegou en 2012 procedente do Santa Comba, José Antonio Míguez deixa o Bergantiños para converterse nun dos futbolistas más importantes do club nos últimos anos, peza clave con todos os adestradores, tanto no medio do campo como, nos últimos cursos, no lateral dereito. A directiva agradécelle : “O seu inequívoco compromiso, traballo, profesionalidade e calidade humana e deséxalle o mellor no futuro. Moita sorte, Toni, e moitas grazas, nas Eiroas terás sempre a túa casa”.

 

Diego Cespón e Capelo baixas no CF Dumbría no que renova Rivi e Marcote

Cespón asina polo SD Fisterra

Segundo nos informan dende o CF Dumbría, Diego Cespón, un dos grandes xogadores do clube, deixa os do Conco para enrolarse nun equipo de categoría superior, o veciño SD Fisterra novo equipo da Terceira División, como xa vos apuntamos trala finalización das competicións por parte da RFGF. Tamén causa baixa no equipo dumbriés Sergio Álvarez Capelo. Porteiro ao que dende Dumbría lle desexan a mellor das sortes e agradecen o que fixo polo clube na sua estancia no mesmo.

Dende o CF Dumbría tamén se despiden con sabor “agridoce”  dunha das suas estrelas : Queremos agradecer a Diego Cespón todo o traballo realizado o largo de moitos anos neste club, como xogador e coma persoa. Sabemos que estás ante unha oportunidade única e somos os primeiros en abrirche as portas. Gracias e sabes dónde está a tua casa.

Pola sua banda Rivi, un dos pesaos pesados do equipo renova e así nolo contan dende Dumbría : “continua connosco Rivi, gran xogador, elegante, polivalente, con moito gol, e un compromiso co equipo e o vestiario que sempre son de agradecer. Os seus valores coma persoa seguro que fan medrar o equipo. Gracias Rivi por confiar en nós”. Outro que renova polos dumbrieses é o fisterrán Marcote, que seguirá un ano máos repartindo goles nos branquineros.

 

Movementos no Xallas FC :

PREME AQUÍ.

 

-Foto : Alianza News

-Texto :  Bergantiños CF/CF Dumbría/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.