Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA e Fernando Vidal, futuro presidente do RC Deportivo deron conta do acordo de rescate do benco de orixe galega e o clube deportivista que será de 5 millóns de euros e que terá repercusión no aumento do tope salarial para este curso e o próximo.
Tomou a palabra primeiro Fernando Vidal que explicou o porqué dos pasos que se deron en pós da saúde do clube, explicando que a débeda actual supera os 80 millóns de euros e que esto ten “un plan de pagos que é viable na Primeira División e que é inviable en Segunda e máis se se baixa a 2ª B, e que ademáis repercute, “na estabilidade a hora de competir”, pero que o primeiro é “devolver o equipo a Primeira División”, e que, “O clube cumpleu cos pagos e pasou a débeda privilexiada con Facenda, sen ese préstamo, mal entendido ou mal explicado, fixo que se puidera seguir avanzando”, a todo isto e na situación actual e en pos de salvar o equipo de unha situación peor baixando, , “non pode o Deportivo vivir sempre ca soga o pescozo e empúxanos a buscar un plan de viabilidade”.
O actual rescate fíxose porque : “Necesitamos capital, para poder afrontar a ventana do inverno faise un préstamo participativo, xa que se gastou practicamente o presuposto para esto, vaise facer unha ampliación de capital para os asccionistas para que poidan mercar a mesma cantidade que teñen”, polo que pide o “apoio de todos accionistas que acudan á próxima ampliación de capital e subscriban tantas accións como teñen na actualidade, porque doutra maneira non é posible”.
Logo de explicar Fernando Vidal a parte do clube, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, explicou os termos do capital que aporta o seu banco.
O escenrio exposto por Escotet foi sopesado e como xa fixeron con outras empresas galegas e no caso do RC Deportivo motivado polo descenso a Segunda : “O club tiña 63 millóns de ingresos en Primeira e agora menos de 18. Sendo o principal ingreso a televisión, non quero imaxinar o que ocorrería se o equipo chegase a baixar a Segunda B”, polo que decirion axudar para que se fagan fichaxes no mercado de inverno, por eso fan ese, “préstamo participativo, para que a liga cas normas que ten establecidas, deixe aumentar o tope salarial ca capitalización do préstamo”.
Dixo o banqueiro que van a “apoiar o club ata onde sexa necesario”, i que é necesario que : “Os actuais accionistas vaian á ampliación de capital. É fundamental porque o deportivo é un activo de toda a sociedade coruñesa, que nos doe a todos. Fago unha invitación a que nos sumemos todos a resolver o enorme problema financeiro do equipo. Por iso insisto: cando se faga a ampliación de capital, a pretensión é que todos os accionistas sómense para buscar a solución e asegurar a viabilidade con cambios na estrutura financeira que o equipo demanda”.
Refireuse o que supón este préstamo participativo para o banco : “Isto ten consecuencias na nosa conta de resultados, pero o Deportivo é moito máis que un club de fútbol, é unha empresa que pode xerar riqueza para a súa contorna”, e dixo que : “Vernos nunha operación de rescate desta natureza é o último camiño que nos interesaba transitar, pero cando nos tocou rescatamos empresas galegas en situacións similares e fixémolo. Non lle temos medo ao resto e estamos convencidos que nun horizonte de tempo ben definido poderase resolver”.
En breve colgaremos neste mesmo artigo o vídeo coa presentación completa…
-Foto : piratasdemuxia.es
-Vídeo : Canle de YouTube do RC Deportivo
-Texto : Captura do vídeo/piratasdemuxia.es
++++
-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es
-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.