A VITORIA DO SD FISTERRA SOBRE O CD BARCO, (4-2), PERMÍTELLE SEGUIR SOÑANDO CA PERMENENZA. O UD PAISACO DÁBALLE UNHA ALEGRÍA A AFECCIÓN, (2-1).

Adrián “Makaay”, fixo o gol da igualada.

 

SD Fisterra 4-2 CD Barco

Golpe enriba da mesa do SD Fisterra que lle rmontou e acabou goleando ao CD Barco que marca a liña de permenenza con 39 puntos, cos fisterráns agora a 6. Púxose por diante o equipo visitante aos 56 minutos de xogo cun tanto de Rodrigo, que era neutralizado por Eloy no 69. O gol sentoulle ben os verdiños que nun cuarto de hora remontaban e encarrilaban o choque con goles de Adrián “Makaay”, (80´) e Juan de Dora, (85´). David voltaba a poñer emoción 2 minutos despois, (87´), e todo podía pasar no tempo desconto, e pasou que Marcote sentenzaba o encontro.

 

Goles : 0-1, Rodrigo, (56´); 1-1, Eloy, (69´); 2-1, Adrián “Makaay”, (80´); 3-1, Juan de Dora, (85´); 3-2, David, (87´); 4-2, Marcote, (desconto).

 

UD Paiosaco 2-1 CD Pontellas

O equipo de Peisaco deulle unha alegría aos afeccionados que estiveron no Porta santa p derrotar o Pontellas con remontada “in extremis”. Adiantáronse os visitantes aos 17 minutos de xogo cun tanto de Bernardo e non sería ata os primeiros compases do segundo periodo canso Sayes facía a igualada. O propio Sayes facía o gol da vitoria no desconto.

Goles : 0-1, Bernardo, (17´); 1-1, Jesús Sayes, (53´); 2-1, Jesús Sayes, (desconto).

 

FASE DE PERMANENCIA GRUPO E

(8ª Xornada)

Domingo 23/05/2021

UD Paiosaco 2-1 CD Pontellas

CSD Arzúa 4-0 UD Atios

Viveiro CF 1-1 UD Ourense

Agrupación Estudiantil 0-2 CD Ribadumia

CD As Pontes 1-1 Ourense CF

SD Fisterra 4-2 CD Barc.

 

Clasificación :PREME AQUÍ

 

-Foto : DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia