A VISIÓN DOS TÉCNICOS NA VOLTA DOS CUARTOS DA “LVI COPA DA COSTA”

 

CRÓNICAS

 

Cabana SD 3-2 SCD Malpica

Campo : As Redondas, (Neaño-CXabana de Bergantiños

Árbitro : David Castreje Ferrío, (Comité da Costa)

Asistentes :Iván Vilanova e Lucas Vicente, (ambos do Comité da Costa)

Na ida : 3-2, para os malpicáns.

Goles : 0-1, Michi, (1´); 1-1, Raúl, (8´); 1-2, Martín, (20´); 2-2, Iván, (49´); 3-2, Iván, (81´de penalti).

 

A VISIÓN DOS TÉCNICOS

Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido  que se nos puxo costa arriba moi pronto, xa que nun despiste noso aproveitaba o dianteiro Michi para adiantarse, pero no minuto 8 apareceu Raúl que remataba de cabeza para empatar . Noutro despiste nun rexeite noso, cáelle a Martín que remata sin oposición, e ten a sorte que entra, e así o descanso. Empezamos a segunda parte metendo a outro diantero Manuel por Cacha lesionado e no 49 empata nunha xogada de Iván que rexeita Eusebio e el aproveitase do rexeite e no minuto 81 xogada de Castro que o derriban dentro da área e penalti que transforma Iván e así acaba o partido”

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Foi un partido en donde na primeira parte tíñamos o partido máis por menos baixo control, e mercendo máis goles o descanso. Pero no que na segunda parte o Cabana foi capáz de igualarnos e por momentos superarnos no aspecto físico. E no que todo quedou para sorrte dos penaltis e desta non nos sorríu”.

 

 

 

SD Coristanco 1-1 FC Camariñas

Campo : A Rocheira, (San Roque-Coristanco)

Árbitro : Luis M. Insua Lago, (Comité da Costa)

Asistentes : Daniel Martínez e Manuel Espasandí, (Ambos do Comité da Costa)

Na ida : na ida 3-0 para os camariñáns.

Goles : 1-0, Lago, (69´); 1-1, Djibril, (94´de penalti).

 

A VISIÓN DOS TÉCNICOS

Eloy Calvo, (Adestrador do SD Coristanco) : “Encontro que perdemos no primeiro partido, e non fomos capaces de remontar. O partido levámolo nós pero o Camariñas sorprendeume moito. E creo que vai a ser un dos finalistas este ano. Nos empleámonos a fondo. Marcamos en penalti. Pero o árbitro non pitou dous máis clarisimos, que nos darían dereito a soñar. Nos fixemos todo o que puidemos, loitamos como o que máis e ata o pitido final. Pero repito diante tiñamos un equipo que ten moito potencial cas novas incorporacións e están a facer que sea un equipo moi contundente. Despois teñen os irmáns Djibril que son espectaculares, e son os que moven todo. Teñen rapidez, son moi bos co balón nos pes e definen moi ben a porta. Do mellor que vin este ano, por non decir o mellor. E nos nada a disfrutar todo o que fixemos. Este ano que sen dúbida será inolvidable para todos. E debemos de estar moi orgullosos de nós”.

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Despois dun primeiro partido sendo superiores con 10 e levando un resultado bo pero corto, polos méritos, encontrámonos cun partido complicado polas circustancias . Tendo que xogar con 5 xuvenís ante un equipo que no seu campo faise moi forte pero na 1ª parte soubemos aguantalos sin pasar moitos apuros, e tendo unha ocasión para adiantarnos. Na 2ª parte, ata o penalti deles non pasamos apuros, e despois tiveron unha o pao que os podía meter na eliminatoria. Ata que chegou o gol de Vibi e acabouse todo. Partido bonito eles atancando con 3 ocasións e nós a contra con 2 ocasións . Noraboa os chavales polo esforzo, e agora todo o que veña e bo”.

 

 

CD Baio 1-3 SCDR Esteirana

Campo : Platas Reinoso, (Baio)

Árbitro : Marcos Ordóñez Rodrguez, (Comité da Coruña)

Asistentes : Iván Ferreiro, (Comité da Costa) e Óscar Rey, (Comité Galego)

Na ida : 1-0 para os esteiráns.

Goles : 1-0 Martín MC, (12´); 1-1, Raúl Lestón, (47´); 1-2, Rober “Pladur”, (65 de penalti); 1-2, Carlos Rama, (77´).

 

A VISIÓN DOS TÉCNICOS 

Pablo Torreira, (Adestrados do CD Baio) : “Unha primeira parte na que dominamos e fomos capaces de poñernos por diante, sen apenas conceder ocasións de gol. Na segunda condiconou a eliminatoria recibir un gol tan pronto, no minuto 1, nunha falta lateral. Tal vez pesou o nerviosismo de saber que tíñamos que marcar dous goles para remontar. Nunha acción desafortunada cometemos un penalti por man e xa se rompeu o partido, ter que deixar moitos espazos en busca dun gol que nos metese no partido. Álex Rama aproveitou esos espacios para metelo terceiro gol e finiquitala eliminatoria”.

Geno, (Adestrador da SCDR Esteirana) : “O Baio comezou moi intenso, con ritmo moi alto, e apretounos moito na primeira media hora. Aínda que non tivo claras oportunidades, marcou un gol. Unha vez que correximos o posicionamento e non deixamos espazos entre liñas, xunto con que empezaron a pagar o esforzo, igualamos o partido e xa puidemos igualar antes do descanso. Na primeira xogada, a volta do descanso, empatamos e a partir de aí tivemos o partido controlado e foron chegando os goles. Polo traballo e o esforzo, estos xogadores mereceron pasar a ronda”.

 

SD Castríz 1-1 Corme CF

Campo : San Pedro, (Castríz-Santa Comba)

Árbitro : Oscar Santos Rodríguez, (Comité da Costa)

Asistentes : David García e Sebastian Pérez, (Ambos do Comité da Costa)

Na ida : na ida 5-4 para os cormeláns

Goles : 0-1, Steven, (8´, en propia porta): 1-1, Martín, (47´).

 

A VISIÓN DOS TÉCNICOS

Rogelio, (2º adestrador do SD Castríz) : (Cando nos chegue poñerémola aquí).

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Partido difícil xa que traiamos un resultado moi corto cun rival que nos puxo as cousas moi difíciles. A pesar de todo no primeiro tempo controlamos o partido e puxémonos por diante do marcador, despois dun rexeite dun xogador visitante. Dispuxemos de varias ocasións para ir o descanso cun resultado máis cómodo, así como un clarísimo penalti que o colexiado non quixo ver, pero non fomos quen de conseguilo. Nada máis comenzar a segunda metade nun despiste noso nun balón a espalda da nosa defensa conseguirían igualar o partido. Seguimos levando a iniciativa do partido e o rival intentabao con un xogo direto que nós soubemos contrarrestar. Dispuxemos dunha ocasión clarísima para matar o partido, así como outro penalti que de novo o colexiado non quixo ver. Final do partido cun empate a uns diante dun gran rival que nos vale para pasar a semis e seguir soñando nunha copa con moitas sorpresas”.

 

“En : “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8.

Se nos está leendo vía mobil decirche que o formato que temos para ordenador e similares é distitno e moito máis completo, con detalles de maquetación que non valen para os móbiles.

Tamén decirche que trocamos de email, o novo é : admin@piratasdemuxia.es