Ana na entrega de medallas na final do campionato de España de clubes.
A RFGF ven de anunciar aos seleccionadores do futsal galego para a campaña 2025/26 desde Sub10 ata Sub16, tanto masculinas como femininas.
O ente galego optou pola continuidade en 7 das 8 seleccións. A única que troca é a Selección Galega sub 10 feminina, conxunto que a pasada campaña fixo historia ao proclamarse campioa de España. Belén Feal deixa a selección xa que é a adestradora do primeiro equipo do CD Burela FS. Marta de la Torre asume a dirección da Selección Galega sub 10 feminina.
No ámbito da costa alegranos da continuidade da vimiancesa Ana Mouzo Mosquera, (1991), xogadora de futsal e gran coñecedora deste mundo e que un ano máis seleccionará e dirixirá a Selección Galega Feminina Sub12. Esta será a terceira tempada para a vimiancesa a cargo da selección.
No equipo continuará con ela Fran “Pioto” unha das persoas máis relevantes, coñecidas e premiadas do futsal da Costa da Morte tanto a nivel clube, (un dos fundadores do Fisober FSF), coma de seleccións do futsal, así coma no fútbol, tanto de adestrador coma de xogador.
O cadro técnico dos diferentes combinados galegos queda da seguinte maneira:
- Selección Galega SUB 16 masculina: Kini Martínez
- Selección Galega SUB 16 feminina: Jairo Campo
- Selección Galega SUB 14 masculina: Daniel Ventoso “Juve”
- Selección Galega SUB 14 feminina: María Pérez “Mariquiña”
- Selección Galega SUB 12 masculina: Nino García
- Selección Galega SUB 12 feminina: Ana Mouzo
- Selección Galega SUB 10 masculina: Alberto Matilla
- Selección Galega SUB 10 feminina: Marta de la Torre
.
-Foto : Fisober FSF
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
