A “VII TRAVESIA O CAMIÑO A VELA” RECALARÁ UNHA VEZ MÁIS EN MUXÍA E MUROS”. SAIRÁ DE LA ROCHELLE O 24 DE XUÑO.

A travesía volve un ano máis a Muxía.

 

A “Travesía o camiño a vela”, (Sail the way), que chega a sua séptima edición, e que sairá do porto francés de La Rochelle,  recalará en Muxía e Muros, onde como en paradas anteriores traerá a centos de persoas. Non saía do porto francés dende o 2019, por mor da pandemia.

Contan dende a orgañización que nesta edición o tratarse de Ano Xacobeo a participación será a máis nutrida das que se levan feito, con un 50% de barcos franceses. Dende a sua saida o 24 de Xuño dende Francia, en cada etapa irá sumando barcos, e tras pasar por 16 portos, acabará cunha andaina ata Santiago que rematará o 14 de Xullo. No medio moitas actividades para os participantes en cada porto.

“Estamos moi ilusionados por volver á Rochelle como porto de saída, non só por razóns obvias de veciñanza e amizade, senón porque é sinónimo de reencontro e de que a normalidade volveu ás nosas vidas. É un momento moi especial e moitos navegantes franceses van unir á frota. Xa podemos avanzar que aproximadamente o 50% das embarcacións de peregrinos son do noso país veciño. Existe unha atracción importante cara ás nosas costas por parte destes turistas náuticos que esperamos satisfacer plenamente co programa de actividades e destinos previstos” destaca Patricia Alcubilla, coordinadora da Travesía.

Ademáis a travesía 2022 é unha edición especial dedicada á conmemoración do V Centenario da primeira circunnavegación á terra, xesta liderada polos navegantes Magallanes e Elcano e que culminou en 1522 tras o regreso a España do navegante vasco. Precisamente por esta vinculación, Getaria e Bermeo serán portos de recalada, localidades onde naceron Elcano e a súa contramaestre Acurio, respectivamente.

“O Camiño a vela” pode realizalo toda persoa de calquera idade e condición que queira cumprir o soño de facer o Camiño de Santiago de forma diferente, que sexa amante da navegación a vela e queira axuntar esta ilusión cunha proposta de turismo sostible, que inclúa ademais actividades culturais e sociais”, explica Patricia Alcubilla, coordinadora da Travesía. Os peregrinos por mar poden realizar a travesía co seu propio barco. Quen non dispoñan de barco, teñen a opción de integrarse nalgún dos barcos que conforman a frota e que necesite tripulación para facer o camiño compartindo os gastos e esforzos da peregrinaxe.

NorthMarinas, entidade organizadora do “Camiño a vela”, está integrada na Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN), a patronal náutica en España. Xunto ao IME (Instituto Marítimo Español), apoian institucionalmente esta experiencia de turismo náutico sostible.

Conta co patrocinio de Repsol, Quironsalud, e Enterprise; e co apoio institucional doutros organismos como Turespaña, Portos do Estado, EKP (Portos de Euskadi), Xunta de Galicia e Portos de Galicia, así como os Concellos das diferentes localidades polas que discorre: Hondarribia, Getaria, Bermeo, Santurce, Laredo, Santander, Xixón, Ribadeo, Cedeira, Sada, A Coruña, Muxía, Muros, A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.

 

O Porto Deportivo Marina Muxía na anterior edición.

 

O Porto Deportivo de Muxía

O pasado ano o Porto Deportivo de Muxía, “Marina Muxía”, recuperou os números prepandemia, con preto dun milleiro de barcos que amarraron nél. É o de maior tamaño da Costa da Morte, conta con en torno aos 250 amarres, tendo unha zona habituada para barcos de gran tamaño, sendo o único que pode albergar grandes barcos en toda a Costa da Morte. Xa amarrou algún barco de máis de 30 metros.

Está equipado dunhas modernas instalacións, con surtidor de combustible, duchas, tenda, internet, auga, electricidad, recollida de sólidos, e líquidos, etc…ademáis de a poucos metros contar con toda clase de servizos no pobo, incluso unha lavandaría autoservizo, as portas das propias intalacións, así coma restaurantes, farmacia, e tendas de ocio e comestibles.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/sailtheway