A “VII SAIL THE WAY” TROUXO A MUXÍA MÁIS DE 30 VELEIROS FACENDO O CAMIÑO.

Os veleiros foron chegando durante a tarde.

 

Un ano máis a “Sail the Way”, (Camiño a vela), trouxo aos seus peculiares peregrinos o porto deportivo de Muxía, e xa van con esta 7 edicións. Sendo esta con máis de 30 veleiros de en torno aos 12-14 metros de esclora, unha das máis concurridas.

 

A comitiva que chegou durante o día de onte as instalacións muxianas, saeu o pasado 24 de Xuño dende o porto francés de La Rochelle, tras atravesar o Golfo de Vizcaia, fóronselle sumando embarcacións, nos portos vascos, cántabros, asturianos e galegos, pois a Muxía chegaban dende A Coruña.

Na mañán de hoxe comezaron a sair os máis de 30 veleiros, tras pasar un día de confraternidade e divertimento no pobo da Vila da Barca, para poñer rumbo a Muros, e logo facer o camiño a pé ata Santiago, a onde pensan chegar o 14 de Xullo.

 

 

Megaiate no Porto deportivo muxián

Coincidindo co “Sail the way”, estivo atracado na “Marina Muxía”, un gran megaiate holandés, o “St-Barth” de 23 metros de eslora e 8 de manga, o segundo barco destas características nesta semana. O porto deportivo muxián, é o único en toda a Costa da Morte, que pode albergar grandes iates, pois ten habilitada unha zona de máis de 50 metros de atraque.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia