A VENDA ENTRADAS PARA O DEPOR-CF TALAVERA DO VINDEIRO DOMINGO ÁS 12:00 HORAS EN RIAZOR.

 

Coas novas normas de asistencia os estadios, que acordaron fai uns días as comunidades co governo estatal, o RC Deportivo disporía de 24.000 asentos que poden ser ocupados en Riazor, (75%), habida conta de que somos 22.000 socios, o clube disporía de 2.000 asentos para o público en xeral. De todos modos, nen a Xunta, nen o RC Deportivo informou de que esta medida se leve a cabo na nosa comunidade, ben e certo que sí se falou, pero non hai comunicado oficial.

Desta maneira o RC Deportivo ven de sacar a venda as entradas, de maneira física e por medio da páxina do clube, https://bancada.rcdeportivo.es/,  para o encontro ante o CF Talavera do vindeiro Domingo 9 de Xaneiro a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), que será televisado por Footters para todo o mundo.

Jaime Lapeña que pasou hoxe por rolda de prensa, (en breve colgarémola na web), decía sobre este encontro que : “Queremos gañar o domingo para seguir líderes e sacar aínda máis puntos ao segundo se pode ser. O importante é estar aí a final de liga”. Cunha vitoria neste encontro o Depor acadaría o título honorífico de “Campión de Inverno”, tendo en conta que queda este encontro e o  da xornada seguinte ante o DUX Internacional de Madrid para rematar a primeira volta e sumamos 4 puntos máis co segundo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies