A VENDA ENTRADAS PARA O CULTURAL LEONESA-DEPOR DO 19 DE NADAL.

O Reino de León un campo dos que gusta ir.

 

A Cultural e Deportiva Leonesa puxo a disposición do Deportivismo 900 localidades a un prezo de 15 euros de cara ao partido do próximo domingo 19 de decembro ás 18:00 h. no Reino de León.

As entradas venderanse presencialmente e exclusivamente a socias ou socios do Club, o domingo, día de partido en ABANCA-RIAZOR, desde as 11:00 h. e até as 17:00 nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor. Se non se esgotasen o propio domingo, a partir do luns poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) no seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que un deles pertenza á persoa titular do abono.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta a cota do total de entradas (40%: 360 localidades) correspondente por convenio entre ambas as entidades.

-Foto : León Noticias

-Texto : rcdeportivo.es