A venda as entradas para o partido histórico da Copa do Rei, SD Negreira-Real Sociedad, no García Calvo

Os vindeiros días 15 e 16 de outubro os socios poderán retirar a súa entrada no Jesús García Calvo. O venres 17 de outubro comezará a venda para o público xeral e hai posibilidade de facer unha pre reserva de entradas.

A SD Negreira comezará a vender as entradas para o partido de Copa do Rei o próximo mércores 15 de outubro. Serán os socios e socias do club os que primeiros que poderán retirar a súa entrada para vivir o partido histórico que se disputará o martes 28 de outubro.

Os socios da SD Negreira que queiran gozar do partido ante a Real Sociedad poderán retirar a súa entrada anticipada os días 15 e 16 de outubro no campo Jesús García Calvo. O mércores para os socios e socias do 1 ao 250, mentres que o xoves será para os socios do 251 ao 600.

A partir do venres 17 de outubro as entradas poránse a venda para o público xeral, tamén no campo García Calvo.

Prezos e horarios de venda
Un socio poderá retirar unha soa entrada para Tribuna a 25 euros, sempre e cando estea ao corrente de pago. No caso de necesitar máis entradas os socios e socias poderán facelo a prezo de público en xeral: preferencia 40 € e fondo 30 €. No caso de que un/ha socio/a non poida retirar a súa entrada no día estabrecido á súa numeración, poderá ser retirado por outro socio, sempre que estea a corrente de pago e dentro da quenda numérica fixada.
O prezo da entrada para os socios xuvenís será de 15 euros.

A venda das entradas, que comezará o
mércores 15, realizaráse no campo Jesús
García Calvo en horario de mañá de 10:30 a
13:00, e de tarde de 19:00 a 21:30.

Estes horarios e prezos (preferencia e fondo)
manteránse para a venda de entradas de
público xeral.

A SD Negreira informa amais, que todas as persoas interesadas en asistir ao partido de Copa do Rei ante á Real Sociedad, poden realizar un pre reserva de entradas, suxeita a dispoñibilidade, contactando directamente co club no teléfono 641 060 935. Só se
atenderá por mensaxe vía WhatsApp e só serán entradas de zonas e prezos de público en xeral.

Para facer a pre reserva será preciso indicar o número de entradas desexadas, a zona elexida (preferencia ou fondo), nome e apelidos completos, DNI e lugar de procedencia.

A recollida das entradas aprobadas en pre
reserva poderánse retirar o venres 17 de
outubro (pola mañá de 10:30 a 13:00 e de
tarde de 19:00 a 21:00). O pago faráse
preferentemente en efectivo no lugar da
retirada das mesmas, no campo García Calvo.
Tamén se poderá realizar o pago de forma
anticipada por transferencia bancaria e
recibir as entradas por correo electrónico.

-Foto e información : Prensa SD Negreira