Cada día está máis próxima a primeira cita para a loita polo primeiros 3 puntos de reentrada na Primeira División, 8 anos despois. Será o vindeiro 17 de agosto, luns ás 21:00 horas co Elxe como rival na 1ª xornada do curso.
Ainda queda unha das pachangas de adestramento do verán que será mañán mércores a partires das 21:00 horas, pero a cabeza xa está preto de 30.000 socios e milleiros de afeccionados na cita contra o equipo ilicitado onde xa non será un encontro con ata 11 trocos, comeza a partirse a tarta.
Como conseguir as túas entradas para o Depor-Elxe
.
O Depor xa puxo en marcha a venda de entradas para o próximo encontro no Estadio de Riazor. Se non queres perderte a cita, aquí tes toda a información necesaria sobre os prezos, os puntos de venda, os horarios e as vantaxes para os abonados.
.
Puntos de venda e horarios
.
As localidades pódense adquirir en calquera momento de forma en liña a través de internet, (enlace). Para os que prefiran a compra presencial, as entradas están dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), situada na Avenida da Habana s/n, cos seguintes horarios:
De luns a xoves: de 9:15 a 13:30 horas e de 15:00 a 18:00 horas.
Venres: de 9:15 a 14:00 horas.
.
Prioridade e descontos para socios
.
Os abonados e abonadas do club tiñan prioridade para facerse cos seus billetes ata este luns, 10 de agosto, ás 18:00 horas.
Respecto aos prezos, as entradas estarán dispoñibles a partir de 40 euros, un importe que poderá variar segundo a dispoñibilidade de asentos. Cómpre destacar que os socios e socias “amigo” do Depor gozarán dun desconto do 10% no prezo final da compra.
.
Libera o teu asento se non vas ao estadio
.
Como novidade, o club xa mantén operativa a opción de que os socios e socias que non poidan acudir a Riazor liberen o seu asento de xeito virtual, (enlace). Desta forma, permítese que outros afeccionados ocupen ese lugar e o estadio presente o mellor ambiente posible para apoiar o equipo.
–
-Xosé Búa “Pirata”
–
