A ÚNICA PRAZA QUE QUEDA DE PERMANENZA DA 3ª DIVISIÓN XÓGASE ANTRE CD BARCO E UD OURENSE.

O CD Barco ten nas suas mans a permanenza.

 

Ca vitoria do CSD Arzúa ante o Ourense CF , (0-2), da pasada xornada, penúltima da Fase de Permanenza da Terceira División, agora queda un posto no ar, o que nestes intres é do CD Barco e que só o UD Ourense pode discutirlle, pero sempre co permiso dos barquenses.

A derradeira xornada ten como único alicente cal dos dous queda na categoría. O UD Ourense con 45 puntos, tras superar no “O Couto” ao SD Fisterra por 2-0, a pasada fin de semana, precisa vencer o CD As Pontes no “Poboado”, e que o CD Barco que superou ó Viveiro CF no “Calabagueiro” por 3-1, e suma 48 puntos, e que segue tendo nas súas mans a permanencia na categoría, precisa que caia ante o CSD Arzúa no “O Viso”. Os barquenses téñeno nas suas mans, un empate chégalles para seguir sendo da 3ª División. Unha derrota, sumada a unha vitoria dos ourensáns, faría que fosen estes os que se salvasen por golaveraxe.

Os equipos costeiros despídense da categoría

SD Fisterra e UD Paiosaco despídense da categoría, os fisterráns, tiveron un atisbo de esperanzas pero ao final, pir unhas cousas ou por outras perderon as opcións da permanenza, que tamén hai que dicir que os de arriba non fallaron e os puntos arrastrados da promeira fase foron moi importantes. Pola sua banda os de Peisaco tiveron unha tempada na que pronto perderon as opcións de todo e físoxe fartamente longa a tempada. Ambos atoparanse a vindeira tempada na Preferente Norte, onde terán tamén como compañeiros/adversarios ao CD As Pontes e Agrupación Estudiantil.

 

Tódolos encontros o Domingo 20 Xuño ás 18:00 horas

CD As Pontes-UD Ourense

SD Fisterra-CD Ribadumia

UD Paiosaco-Ourense CF

CSD Arzúa-CD Barco

Viveiro CF-CD Pontellas

Agrupación Estudiantil-UD Atios

-Foto : creandotuprovincia.com

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies