A última xornada da primeira fase na Preferente Galicia disputarase o próximo domingo ás 18 horas. Xa hai 7 equipos clasificados para a fase de ascenso.

 O CF Noia xa ten praza asegurada.

 

A última xornada da primeira fase na Preferente, o domingo ás 18 horas

A última xornada da primeira fase na Preferente Galicia disputarase o próximo domingo ás 18 horas. Xa hai 7 equipos clasificados para a fase de ascenso

SD Sofán, Noia CF, SD Sarriana, Atlético Arnoia, UD Barbadás, Juvenil de Ponteareas e Gran Peña FC xa teñen licenza para soñar. Estes equipos certificaron esta pasada fin de semana o billete para disputar o playoff de ascenso á 3ª RFEF a falta dunha xornada para a conclusión da primeira fase do campionato. A última xornada de liga, que terá lugar a próxima fin de semana e con horario unificado, promete emoción ata o final, debido a que aínda hai outras 5 prazas en xogo.

Por iso, o Comité de Competición e Disciplina da RFGF anuncia que haberá horario unificado nesta última xornada da primeira fase nos encontros cuxos resultados poidan ter influencia para a clasificación xeral e definitiva. Os devanditos partidos disputaranse o domingo 30 de maio ás 18 horas.

 

RESOLUCIÓN DO COMITÉ DE COMPETICIÓN

 

Máxima emoción

No Subgrupo A do Grupo Norte, coa SD Sofán como líder e xa clasificada, son dous os conxuntos que optan a esa segunda praza: Atlético Coruña Montañeros e Victoria CF. Con tres puntos aínda en xogo, o primeiro avantaxa en dous ao Victoria CF.

O Noia CF selou onte o pasaporte de forma matemática para a fase de ascenso tras o seu triunfo no campo do Xallas, mentres á segunda praza deste Subgrupo B do Grupo Norte optan dous equipos: CD Boiro (15 puntos) e SD Dubra (13 puntos).

No Subgrupo C do Grupo Norte, pola súa banda, a SD Sarriana afrontará o playoff como primeiro de grupo tras completar un primeiro tramo extraordinario a falta da última xornada. Á segunda praza optan ata tres contendentes: SD Residencia, Club Lemos e SD Santaballés.

No Subgrupo A do Grupo Sur desta Preferente Galicia xa está todo decidido agás a primeira praza do grupo, debido a que Atlético Arnoia e UD Barbadás, xa clasificados, igualan a 16 puntos.

No Subgrupo B pasará como primeiro de grupo o Juvenil de Ponteareas, aínda que o segundo billete para a fase de ascenso é cousa de dous: Cultural Areas ou Caselas FC. Ambos chegan á última cita da primeira fase igualados a 14 puntos.

Por último, no Subgrupo C do Grupo Sur, o Gran Peña xa sabe que loitará polo ascenso, mentres que a outra praza será para o Villalonga FC ou para o Pontevedra CF B.

Partidos aprazados

Ademais, o Comité de Competición e Disciplina da RFGF fixou a data e a hora para a disputa dos encontros que foran aprazados no seu momento, partidos correspondentes á penúltima xornada dos seus respectivos subgrupos.

  • O Victoria CF – Atlético Arteixo da 13ª xornada do Subgrupo A do Grupo Norte disputarase este xoves 27 de maio de 2021
  • O Comité de Competición concede un prazo de 2 días aos clubs Ribadeo FC e CD Foz para que fixen de mutuo acordo nova data de celebración do partido correspondente á 9ª xornada do Subgrupo C do Grupo Norte o cal deberá disputarse entre o luns 31 de maio e o domingo 6 de xuño de 2021. De non alcanzar os clubs un acordo común de celebración sinalarase por defecto ao anterior o domingo 6 de xuño de 2021.

Grupo Ascenso e Copa do Rei

Os tres primeros de cada subgrupo despois da disputa da primeira fase arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que loiten por esa praza.

-Foto: Noia CF

-Texto : http://www.futgal.es/

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies