A TOURO PASADO : ASÍ VIRON RUPPER E SANTI DE LIRA A FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA” ANTRE XALLAS E DUMBRÍA.

 

Tras como xa vos adiantamos na previa da semana pasada e na crónica do Domingo tralo encontro. Xallas e Dumbría dispuataron no Municiapl da Arliña, (Muxía), a final da Copa da Costa Feminina 2024, a cuarta edición desde que a orgañiza a Federación. En torno a 700 afeccionados desprzaáronse ao campo muxián, nunha final que debería ter sido a unha hora máis respetuosa cas rapazas e ca competición. Ben podía ser o día anterior pola tarde, e non pola mañán e coincidindo con que pola tarde se xogada a dos homes. A mañán ventosa pero agradable fixo disfrutar dun bo encontro a tódolos que se acercaron ara a Arliña.

Aquí vos traemos xa a touro pasado as maniefestacións e inquedanzas que lles deixo esta final do 2 de Xuño do 2024 aos adestradores do Xallas, “Rupper”, e ao do Dumbría, “Santi de Lira”, a ambos o noso agradecemento por tódalas colaboracións durante a tempada e a nosa noraboa que ambos son campións cos seus equipos pola gran tempada realizada por ambas escadras. Destacar e felicitar tamén a orgañización por parte do CF Muxía, que se tirou varios días preparando todo e para que non faltase de nada aos equipos e aos afeccionados, tanto nesta copa como na masculina.

A nosa máis cordial noraboa, unha vez máis, a tódalas/os que forman io Xallas FC pola consecución da copa, así coma a tódsla7os que forman o CF Dumbría, pois para perder unha final hai que chegara a ela e só pode gañar un.

 

 

-CRÓNICA-

 

Xallas FC 2-0 CF Dumbría

Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “A final empezou con moita intensidade e concentración propia do título que estaba en xogo. Tanto o Dumbría coma nos non queriamos tomar riesgos cerca da nosa portería ademais a presencia do vento do nordés complicaba o acerto nas combinacións . Aínda así o Xallas xogou máis en campo contrario que o Dumbría pero serían estas ás que tiveron dúas faltas a favor de vento que fixeron lucirse a Rosio na primeira metade. Yasmina xa no derradeiro minuto da primeira parte puña en vantaxe o Xallas, un gol psicolóxico que nos dou un plus e nos acercou o obxectivo. Os 10 minutos da segundo tempo, Claudia Facal facía o segundo coa colaboración de Mai, que desviaba o esférico e que nada poido facer a porteira. O Dumbría intentouno ata o último pero unha veces a madeira e outras Rosio evitaron o gol da honra das dumbriesas. Noraboa o Dumbría que mostrou que teñen un gran equipo, por eso gañaron a liga e o van facer moi ben na 2° Galicia”.

Santi Cubelo “Santi de Lira”, (Adestrador do CF Dumbría) : Sentimento agridulce o deste Domingo. Como ben comentabamos antes da final, sabíamos que sería un encontro igualado que se acabaría levando quen fose capaz de controlar mellor os nervios e a presión, e a experiencia das Xalleiras penso que se notou, non creo que fose o mellor partido de ambos equipos pero foron xustas vencedoras as de verde. Na primeira metade non fomos capaces de facer apenas acercamentos a meta rival, demasiado precipitadas, con medo a errar e polo cal non seríamos capaces de ter a claridade que acostumbramos e o bo planteamiento do Xallas tamen impedia que cando conseguíamos enlazar algunha xogada xerar ningun tipo de perigo, lastima que contra o final da primeira metade unha mala organización defensiva e un mal despexe deixaran a dianteira xalleira man a man contra Lis definindo ben e facendo o primeiro gol da final.

Xa na segunda, con un pouco menos de nervios, conseguiamos por momentos enlazar xogadas e encontrar algunha ventaxa que tamen cortaba muy ben a zaga Xalleira, inpedindo sentirnos comodas en todo momento, tras unha xogada un tanto desafortunada pola nosa parte, nunha decición precipidata cederiamoslle o balón no obrde da nosa área a xogadora rival que golpearía e tras un intento de despexe farían o 2-0 definitivo. A partir dese momento nos intentamolo de todas as maneiras posibles, pero sin o premio de anotar nunha final da copa da costa. Como ben dixen antes merecido o triunfo do Xallas e darlle a noraboa, pola nosa parte un partido para seguir sumando experiencias, temos un equipo muy novo con muito mrxe de mellora que sumado as xogadoras experimentadas que temos esta dando muita guerra, fixeron unha tempda espectacular e celebramos o segundo posto, non como si a ganaramos, pero si como se merecía, para o ano traballaremos seguro para intentar volver a disputar esta bonita final e intentar que o resultado sexa diferente”.

 

 

Goles : 1-0, Yasmina, (45+2); 2-0, Mai, (55´ en propia porta o deviar un disparo de Claudia Facal).

Xallas FC : Rosio, Alicia, Saskia, Carla, Andrea Otero, Noe Vimi, María, Andres Barbeira, Claudia Facal, Yasmina, Olalla. Tamén xogaron : Laura, Yaiza, Paula Gándara, Paula Barcia.

CF Dumbría : Lissette, Noa, Sabela, Carril, Mai, Lara; Claudia, Paula Fandiño, Kelly, Michelle, María das Carisas e Eva Lema. Tamén xogaron : Paula Barcia , Reyes, Lucía, Yaiza, Yoli.

Árbitro : Camila Araujo Mayra, auspiciada nas bandas por Irene Arcay, e Edith Pereyra, con Auroa Malvárez como cuarta árbitro. Amonestou polo Xallas a Noelia e Yasmina.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Foto Xallas campioas : RFGF

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores