A TELEVISIVA DJ, SOFÍA CRISTO ANIMOU O CF MUXÍA FEMININO PARA O ENCONTRO DE COPA DESDE “A LONXA D´ÁLVARO”.

 

A coñecida Dj, Sofía Cristo, xunto ca sua parella a bailarina Sanda Ly pasouse por Muxía a disfrutar da beleza do pobo e as paisaxes, (como ela asegurou), e como non a deleitarse dos manxares do noso mar e nosa terra. O lugar escollido foi o restaurante do noso colaborador na web con publicidade e material informativo o chef Álvaro Rodríguez, “A Lonx d´Álvaro”, que segundo nos conta estivo moi divertida e aproveitou a facer a foto de rigor ca camiseta do CF Muxía coa filla de Ángel Cristo e da vedette Barbara Rey.

Sofía Cristo animou o equipo feminino do CF Muxía que no día de hoxe, (17:00 horas) xoga o encontro de semifinais da “VI Copa da Costa” ante o UC Cee en terras ceenses, eliminatoria a encontro único no que as rapazas da Vila da Barca tratarán de meterse na finalísima por segundo ano consecutivo.

Quen é Sofía Cristo

Sofía Cristo é unha DJ, produtora musical e colaboradora de televisión española, filla da vedette Bárbara Rey e do domador Ángel Cristo. Desenvolveu unha destacada carreira no panorama musical e participou en varios realities televisivos. Tras superar unha grave adicción ás drogas, dedica parte do seu traballo a axudar outras persoas como coach especializada en recuperación. Na súa vida persoal, mantén unha relación coa bailarina Sandra Ly, expresa o seu desexo de ser nai e amosa un forte apoio á súa nai nos recentes conflitos familiares.

.

-Foto e vídeo : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”