A SELECCIÓN GALEGA XOGARÁ ANTE PANAMÁ O 31 DE MAIO PENDENTE DE SABER DO ESCENARIO E DO ADESTRADOR.

Álex Bergantiños xogou no derradeiro encontro da Galega.

 

A RFGF ven de anunciar que a Selección galega de Fútbol voltará a xogar o vindeiro 31 de Maio do 2024 e farao ante a Selección de Panamá que dirixe Thomas Christiansen, que é nado en España e de orixe danés. Queda pendente de saber quen será o seleccionador, ou seleccionadorers, xa que os derradeiros foron Fran González e Michel Salgado, e tamén cal será o campo que acolla esta violta dunha selección para a que se leva anos que volva e sin que se dera unha explicación de porque non volvía.

A derradeira vez que xogou a  Galega foi o 20 de Maio do 2016, no Estadio de Riazor fronte a Venezuela, un encontro que rematou con empate a uns, (1-1), ante máis de 18.000 afeccionados.

Podemos confirmar que o “amigo”, Rubiales non será invitado a facer po saque de honra.

-Foto : Google Images

-Texto : Xosé Búa “Pirata”