Os participantes da presentación no salón de plenos do Concello de Muros.
O Concello de Muros acolleu este pasado luns a presentación do partido solidario que organiza a Escola Deportivo Os Miúdos, que preside Vinto Tajes. O partido xogarase o mércores día 18 deste mes de Nadal a partires dás 19:00 horas no campo “Eleuterio Balayo” de Muros. Enfrontaranse a Selección Galega Sub16 e o equipo xuvenil do Celta de Vigo, e será sen dúbida un fenomenal exame para o combinado autonómico que dirixe Jesús López de cara ao Campionato de España que se disputará a finais de mes en Logroño, (A Rioxa).
O vicepresidente Juan Luis Villamisar e a directiva representante da Costa da Morte, Silvia Cancela representaron á Real Federación Galega de Fútbol no acto de presentación que presidiu a alcaldesa de Muros e que contou con representantes do clube muradán e de Cáritas. Todos os asistentes ao partido poderán participar da campaña solidaria posta en marcha pola ED Os Miúdos, consistente na recollida de alimentos e donativos para Cáritas.
O vicepresidente federativo comentaba sobre o evento que ven a desenrolar o ED Os Miúdos dende fai anos que : “Sen dúbida unha magnífica iniciativa que aplaudimos desde a RFGF e que apoiamos participando de maneira activa”.
Vinto Tajes, presidente e “alma mater” das escolas deportivas muradanas, que ademáis de fútbol masculino e feminino, contan con fútbol sala e atletismo, sempre postos en cousas benéficas e reivindicativas, tiña o desexo de un enfrontamento Deportivo-Celta, sendo esta unha das poucas zonas da nosa costa, onde hai afeccionados dos dous equipos, pero non puido ser, e o mesmo tempo ë unha ledicia contar cos nenos da Sub 16 galega, con representación variada.
-Foto : RFGF
-Texto : RFGF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.